Un Entroido para compartir aprendendo.

Todos os cursos soemos escoller unha temática relacionada co Proxecto de Biblioteca, co Erasmus, ou con Voz Natura, coma neste caso.

Habitualmente soemos buscar un fío conductor, non só para Entroido, senón tamén para o resto de actividades complementarias e incluso extraescolares. Iso tampouco é ningunha novidade. Pero, esta vez fomos un pouco máis aló.

O centro leva varios cursos perfilando unha idea troncal, un xeito de actuar respectuoso co medio e co entorno en xeral. Démonos conta que aínda que xa fixéramos varios cambios nas nosas actuacións, había algunha incongruencia, por iso extendemos este xeito de traballar á celebración do Entroido.

Na deste ano decidimos desterrar as bolsas de plástico dos nosos disfraces,  buscar unha temática acorde aos nosos intereses (o respecto polo medio) e empregar un xeito de actuar, todos e todas xuntos/as aprendendo, e isto tamén incluíu ás familias.

Como non, tamén cremos que é importante difundir ao resto da comunidade esta idea, contaxiala, polo que os fixemos partícipes cunha representación pública en Viveiro.

Podedes coñecer todo o proceso no seguinte vídeo.

avatar

Acerca de galdo

Somos un cole modesto e pequeno da Mariña Lucense, ubicado na localidade de Galdo, Concello de Viveiro. As nosas instalacións inclúen unha extensa área verde chea de árbores froiteiras e ornamentais que fan do noso patio un lugar único para disfrutar dos tempos de lecer.
Esta entrada fue publicada en CELEBRACIÓNS, Interdisciplinariedade. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *