Seguimos aprendendo sobre as plantas nas nosas observacións

Seguimos aprendendo sobre as plantas a base de experimentar, combinando elementos e observando cómo se comportan. Para nós e o xeito máis interesante e divertido de aprender.

Cada grupo no cole ten definida unha liña de traballo: hai grupos que experimentan cos nutrientes que a planta precisa do solo, outros coa importancia da luz no seu desarrollo, outros coa auga e cómo resulta imprescindible para elas,…

Nesta ocasión son os nenos e nenas de 3º quen estiveron probando as posibilidades de alimentación das plantas e comprobando cómo consiguen adaptarse ás distintas situacións. Facendo distintos plantexamentos, os nenos e nenas foron combinando distintas posibilidades, cuestionándose o que pasaría e observando.

Saberíades dicir qué pasaría se poñemos un bulbo só en contacto coa auga?, ou se medraría unha rama sen raíz?

Poderedes ver esta experiencia e as súas conclusións neste vídeo.

 

avatar

Acerca de galdo

Somos un cole modesto e pequeno da Mariña Lucense, ubicado na localidade de Galdo, Concello de Viveiro. As nosas instalacións inclúen unha extensa área verde chea de árbores froiteiras e ornamentais que fan do noso patio un lugar único para disfrutar dos tempos de lecer.
Esta entrada fue publicada en EXPERIMENTAMOS CON PLANTAS y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *