ReForest-ACCIÓN!!!

Queridos amigos e amigas, se chegastes a ler o noso proxecto para este curso, veríades que nos ímos mover en varias liñas de actuación, e aínda que todas elas teñan unha mesma finalidade, teñen unha función e desempeño distintos. É por iso que, aínda que iremos clasificando as actividades relacionadas coas distintas accións en apartados diferentes, sempre empezaremos por presentalas aquí, para que sexan máis visibles e doadas de atopar.

Neste caso ímos falar dunha das metas que nos marcamos de xeito conxunto como Comunidade Educativa: a reforestación dos nosos montes.

O plantexamento desta primeira actividade parteu dunhas premisas moi simples:

-Partimos da información:

Mediante asembleas en grupos para falar  das condicións e elementos necesarios para o sembrado das landras. Neste punto valoramos qué habíamos empregar para a sembra,  uns bricks reciclados, e qué condicións debían reunir estes recipientes.

-O proceso secuenciado e razoado basándonos no que sabiamos:

Había que furar os bricks porque precisabamos drenaxe. Decidiuse tamén qué empregaríamos para as capas de suelo , neste caso area no fondo e terra na parte superior.

Decidiuse tamén cal sería o sitio optimo para colocar os recipientes segundo as condicións necesarios para o seu crecemento.

-E o máis importante: todos e todas participaríamos: nenos e nenas, profes, cociñeiras, conserxe, nais, pais,…

Como unha imaxe vale máis ca mil palabras, aquí vos deixamos o vídeo no que poderedes ver todo o proceso. Disfrutádeo!!!

avatar

Acerca de galdo

Somos un cole modesto e pequeno da Mariña Lucense, ubicado na localidade de Galdo, Concello de Viveiro. As nosas instalacións inclúen unha extensa área verde chea de árbores froiteiras e ornamentais que fan do noso patio un lugar único para disfrutar dos tempos de lecer.
Esta entrada fue publicada en RE_FOREST_ACCIÓN y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a ReForest-ACCIÓN!!!

  1. avatar Lara dijo:

    Me encanta esta nueva iniciativa y a los niños les enseña muchos valores.

    • avatar galdo dijo:

      Moitísimas grazas pola túa opinión, agradecemos moito o teu comentario.
      Nós tamén cremos que sensibilizar aos nenos e nenas con algúns temas axuda a que valoren e cambien hábitos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *