Este curso 2019/20 o noso traballo polo medio ambiente tratará de concienciar sobre o dano que xeran os plásticos e reducir o seu consumo para así contribuir a construir “un futuro sen plásticos”.
Seguiremos tamén con todo o traballo en contacto directo coa natureza e en especial co noso xardín e o noso horto.
ACTUACIÓNS A DESENVOLVER
As actuacións que se desenvolverán no presente curso 19/20 serán:
- Concienciación sobre o efecto dos plásticos no medio ambiente e na contorna.
-
Protección de bens inmateriais coma tradicións e costumes relacionadas coa natureza e representativas da nosa cultura e modo de vida
-
Afondar na raíz natural de celebracións tradicionais galegas: esfolla, samaín, magosto, maios e San Xoán.
-
Coñecer para perpetuar ditos e refráns asociados a natureza.
-
Seguir a traballar todo o relacionado co noso horto ecolóxico e xardín que tanto nos aporta na nosa formación e no noso compromiso coa natureza que nos rodea.
-
Sen esquecer unha boa xestión dos residuos e da fabricación do compost.
-
Contribuir a seguir mantendo activo o noso blog de Voz Natura para toda a comunidade escolar.