18 de outubro: “Día Mundial de Protección da Natureza”

O día 18 de outubro celebrouse o “Día Mundial de Protección da Natureza”. Este día celébrase dende o ano 1972, cando o ex-presidente de Arxentina Juan Domingo Perón, pronunciou o seguinte discurso en Madrid:

” Chegou o momento de que todos os pobos e gobernos do mundo tomen conciencia da marcha suicida que a humanidade emprendeu a través da contaminación do medio ambiente e da biosfera, a dilapidación dos recursos naturais, o crecemento sen freo de a poboación e a sobreestimación da tecnoloxía. É necesario reverter inmediatamente a dirección desa marcha, a través dunha acción conxunta internacional “.

Estas palabras chegaron a mans do secretario da ONU, KurtWaldheim, que se fixo eco das mesmas ante a Asemblea Xeral deste organismo, logrando que dende entón exista a efeméride do “Día Mundial de Protección da Natureza”.

Dende aquí animámosvos a ler o libro “Rana de tres ojos” de Olga Ríos, que está a vosa disposición na Biblioteca do noso cole, para concienciarvos sobre a importancia de coidar a natureza.

E ti, qué podes facer para coidar a natureza?

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *