Día Mundial dos Océanos

Hoxe é o Día Mundial dos Océanos pero, de seguir a este ritmo, teremos uns océanos con máis plástico que peixes.

Según Greenpece, cada día, o equivalente a 200 camións cheos de plástico remata no mar. O plástico non coñece fronteiras: está inundando as nosas augas e os océanos están convertíndose nun gran vertedoiro.

A situación é urxente e por iso debemos actuar xa. O plástico está acabando con especies enteiras, como as tartarugas, baleas, peixes e aves mariñas, que se enganchan nos restos ou os inxiren e acaban por morrer de inanición. Tamén están entrando na cadea alimentaria e xa se atopou a súa presenza en especies de peixes comerciais e marisco.

Esta entrada foi publicada en Celebracións, Ecoloxía, Natureza. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *