Os alumnos do Colexio Balmes escribiron este conto, “Basuria”, que descrebe a historia duns nenos que transforman a ciudade construindo instrumentos musicais cos residuos amontoados nas rúas. Esperamos que vos guste!
embedded by Embedded Video
Os alumnos do Colexio Balmes escribiron este conto, “Basuria”, que descrebe a historia duns nenos que transforman a ciudade construindo instrumentos musicais cos residuos amontoados nas rúas. Esperamos que vos guste!
embedded by Embedded Video
Na Indonesia un barco recolle 50.000kg de plásticos ao día para evitar que cheguen ao océano.
https://www.ambientum.com/ambientum/residuos/un-barco-recoge-50-000-kg-de-plastico-diarios.asp
e no seguinte enlace podes ver como funciona o barco.
A auga na natureza é un ben moi necesario e que temos que coidar..
Controlemos o seu consumo e non malgastemos nin unha gota.
O día 18 de outubro celebrouse o “Día Mundial de Protección da Natureza”. Este día celébrase dende o ano 1972, cando o ex-presidente de Arxentina Juan Domingo Perón, pronunciou o seguinte discurso en Madrid:
” Chegou o momento de que todos os pobos e gobernos do mundo tomen conciencia da marcha suicida que a humanidade emprendeu a través da contaminación do medio ambiente e da biosfera, a dilapidación dos recursos naturais, o crecemento sen freo de a poboación e a sobreestimación da tecnoloxía. É necesario reverter inmediatamente a dirección desa marcha, a través dunha acción conxunta internacional “.
Estas palabras chegaron a mans do secretario da ONU, KurtWaldheim, que se fixo eco das mesmas ante a Asemblea Xeral deste organismo, logrando que dende entón exista a efeméride do “Día Mundial de Protección da Natureza”.
Dende aquí animámosvos a ler o libro “Rana de tres ojos” de Olga Ríos, que está a vosa disposición na Biblioteca do noso cole, para concienciarvos sobre a importancia de coidar a natureza.
E ti, qué podes facer para coidar a natureza?