Exposición a vida sen plásticos do alumnado de 2º

Xenial o traballo de investigación do alumnado de 2º . Estes cativos estiveron investigando e o resultado non podería ser mellor. Noraboa!!!

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Deja un comentario

O Carballo con botas

De ti non nos podemos esquecer,chegaches na túa bici desde a lonxanía,  vestido co teu poncho verde, autor de tantas historias…  o Carballo con Botas inspirou no colexio de Carril a plantación máis orixinal da man dun xenio da Natureza: «Anxo Moure».

 

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Deja un comentario

Reciclaxe de Plásticos e Pilas

Separando en distintos contenedores orgánico, papel e plástico nas aulas. Tamén se habilitaron contenedores para pilas e para instrumentos de escritura.

 

                       

O obxectivo como sempre é Reciclar, Reducir e Reutilizar. E diso no cole sabemos ben.

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Deja un comentario

Hoxe, a clase das «Xoaniñas» celebramos o «Día internacional do medio ambiente» colleitando as leitugas na horta e visitando as casiñas dos trasnos.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Esta semana estamos a colleitar as nosas leitugas. Espero que desfrutedes dunhas saborosas e ecolóxicas ensaladas…

 8

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Os «Lobitos» do cole limpan o patio!

Os nenos e nenas de 4° de E. I. xa se conciencian da importancia de manter limpo o noso entorno…

Moitas veces o vento saca das papeleiras o lixo… E todas as semanas o propio alumnado encárgase de recollelo.

Grazas rapaces e rapazas polo voso esforzo!

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

ECOCONTO: «ECOPICNIC», DO CADERNO VERDE DE SOGAMA.

http://www.cadernoverde.gal/ecopicnic/

A través deste conto, a familia Trebón, ensínanos a disfrutar dun picnic ecolóxico na Fraga de Verdevila: sen platos nin vasos de plásticos…

Respectando o ecosistema, a biodiversidade e o benestar dos animais.

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

APÚNTATE Á COMPOSTAXE! NOVO XOGO EN LIÑA DE SOGAMA.

Poñede a proba os vosos coñecementos sobre a compostaxe a través deste educativo e divertido xogo…

 

http://www.sogama.gal/xogos/compostaje/

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos Apípolis

No día Mundial das abellas visitamos a granxa escola de Apípolis!

Visitamos o apiario, fixemos galletas, envasamos mel e elaboramos a nosa propia vela…

Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas sobre as abellas!

Sabedes que as abellas son imprescindibles para a vida no noso planeta?

Son as encargadas da polinización!

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Limpeza do patio

Esta semana os nenos e nenas de 1° A limparon o patio, non deixaron nin un lixo…

 

 

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario