embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Que día é hoxe?
febrero 2012 L M X J V S D « mar 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Os nenos e nenas de educación infantil elaboramos unhas árbores moi chulas.























Se queres disfrutar da totalidade das imaxes, podes facelo no apartado de Galerías da páxina web do cole. Para acceder, preme na ligazón que aparece aquí abaixo:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/galeria/thumbnails.php?album=168
O alumnado de 4 anos do cole está a traballar sobre a auga. O momento de comprender como se desenvolve o ciclo da auga é un pouco complexo, polo que decidimos traballar con 3 “momentos” diferentes do mesmo: Evaporación-Condensación_Precipitación.
Para intentar que o entendemento do ciclo da auga fose o máis doado posible, “buceamos” pola rede na procura dun vídeo explicativo e sinxelo, e atopamos este que aquí vos presentamos (elaborado por Patricia López e Marcos-Arxentina)
LA GOTITA VIAJERA (preme no título para ver o vídeo)
A partires deste vídeo, elaboramos esta actividade para traballar no Encerado Dixital Interactivo. Preme no debuxo para acceder á Wiki do cole onde está aloxada a actividade e lembra que para traballar con ela é necesario un software específico.
Como ben sabedes, neste blogue de Voz natura temos informada a toda a Comunidade Educativa e a todos os nosos usuarios e usuarias das nosas actuacións en favor do medio ambiente.
Por outro lado, queremos que este blogue sexa unha canle onde compartir as nosas actuacións, a nosa “forma de facer”, as nosas experiencias,… e onde todos os mestres/mestras poidan recoller ideas para os seus centros.
Aquí amosamos algunas das nosas ideas de clasificación da información e como vai quedando o noso mural onde recompilamos toda a información.


A cousa vai de experimentos.
Como ben sabedes, comezamos este trimestre investigando os estados da auga. Xa sabemos que pode estar en estado sólido, líquido e gaseoso.
A auga líquida (estado líquido), cando está sometida a baixas temperaturas, convírtese en xeo (estado sólido) e, cando está sometida a altas temperaturas, en vapor de auga (estado gaseoso).
Na nosa aula xurdíu unha pregunta:
Para iso, decidimos facer un simple experimento tomando como referencia unha botella con auga. Fixemos unha marca no nivel de auga que presentaba nese momento e anotamos nunha folla de rexistro o día no que comezamos o experimento.
A medida que vaian avanzando os días, o nivel de auga baixará e anotaremos na botella e na folla a que nivel se atopa e o día. Así, descubriremos que a auga vaise evaporando co percorrer dos día.
Este xoves, na aula de 4 anos, e como xa é habitual, investigamos máis cousiñas sobre a auga. Se o trimestre pasado, traballamos o ciclo da auga, este trimestre comezamos investigando os seus estados: sólido, líquido e gaseoso.
Xa fai un tempo, a mestra Emma ensinounos o vapor de auga utilizando un aparello para quentar biberóns. Con el aprendimos que a auga, cando está quente, se transforma en vapor.


Este xoves, a mestra Paula trouxo á aula uns cubiños de xeo cos que descubrimos o estado sólido da auga: notamos a súa fría temperatura, a súa dureza,… A auga convírtese en xeo ao someterse a altas temperaturas; o mesmo acontece cando cae o granizo (a auga das nubes está tan fría que se convirte en xeo e, ao precipitarse, o fai neste estado sólido)

Tamén puidemos comprobar que eses cubos de xeo se desfacían; voltaban a ser auga líquida de novo. Todo isto debido ao cambio de temperatura: cando están no conxelador, convírtense en xeo pero, coa calor da aula, derrítense e volven ser auga líquida.
Xa non queda nada dos nosos cubos de xeo!!!