Trevos de catro follas
PLANTACIÓN DE TREVO DE CATRO FOLLAS
OU TREVO DA SORTE EN TODAS AS AULAS
Débese plantar en maceta e colocar nun lugar soleado. O bulbo cubrirase con terra 1 cm. e regarase un pouquiño todos os días.
Durante as vacacións alguén levará a planta para a súa casa e encargarase de coidala. Deberá estar ao aire libre en nun lugar protexido.
Despois de que lle saian as flores, no verán ou antes, seguirémolo coidando ata que veñamos a clase. Será o momento de deixalo secar ben e despois desenterrar as numerosas sementes (bulbos) que se formarán nas súas raíces. Con esto conseguiremos plantar novos trevos na primavera do ano seguinte. No chan estenderíase como unha praga, por eso recomendamos o seu cultivo controlado en macetas.
O seu nome científico é “Oxalis deppei”. Podedes buscar información.
EQUIPO DE NATUREZA C.E.I.P. REIBÓN
Proposta dun traballo de primavera 2010