UN PASEO POLA FRAGA
Dende o C.E.I.P Reibón ao principio de curso un grupo de mestres e mestras, para coñecer a nosa contorna decidimos facer unha pequena ruta de senderismo para descubrir os encantos de Moaña e fixemos un percorrido polo ”camiño do río da Fraga“ .
Camiñando pola ponte
Aventuras do camiño
Memoria de voz natura 2008-09
DESCRIPCIÓN DO PROXECTO.
No presente curso 2008-2009, no mes de novembro procedeuse á plantación de bulbos de plantas ornamentais( xacintos, tulipáns e narcisos) nos diferentes niveis educativos.
Nos seguintes meses seguiuse o desenvolvemento e o coidado de ditas plantas.
No mes de febreiro levouse a cabo a plantación, neste caso de plantas aromáticas ( Romeu, salvia, lavanda, ourego, perexil,…). Co coidado permanente dos nenos e nenas de limpeza do xardín e rego das plantas.
No mes de marzo mellorouse o xardín de acceso ó centro ( con plantas como: glicinea, hebe, azalea, pieris,…), xunto cos xardíns do frente do colexio.
Durante todo o curso traballase co reciclado dos distintos materias, entre eles a recollida de papel de alumnio, que con respecto o reciclaxe é a gran novidade. Todo o alumnado está concienciado na recollida deste lixo e a súa reutilización. Tanto nos adornos navideños, como no seu emprego nas distintas areas.
Voz Natura “Ceip Reibón”

Somos Elvira, Asun e Lorena, tres dos seis compoñentes do equipo de “Voz Natura” do Ceip Reibón situado en Moaña (Morrazo). Formado a partir de setembro do 2008.
Desde este equipo no centro realizamos actividades de: concienzación do aforro da auga, reciclaxe de papel de aluminio e a plantación de plantas ornamentais na entrada e en maceteiros nos corredoiros da escola.
Está previsto tamén a plantación de plantas aromáticas nos xardíns do centro.