Entradas para la categoría ‘Uncategorized’

BO NADAL

Sábado, diciembre 17th, 2011

                    

                           BO  NADAL     

               FELIZ  NAVIDAD            MERRY       CHRISTMAS       

 ALÁ   POR   UN  CAMIÑO  DE   AREA   E   DE  SOL.  

VEÑEN   TRES   REIS   MAGOS   MONTADOS   NUN   CAMIÓN.

UNHA   RODA   SE   PINCHA ,  SE   ESTRAGA   EL  MOTOR.

NON   HAI   QUE   PREOCUPARSE,  VAINO   ARRANXAR   MELCHOR.

CARGADOS   DE   REGALOS, XA   CHEGAN  A   REIBÓN.

E   A   TODOS    NOS   DESEXAN   ALEGRIA   E   PAZ.

Todos  os  traballos  foron  feitos  polo  alumnado  do  centro  co  materiais  de  reciclado.

 

 

PLATACIÓN DE ÁRBORES

Miércoles, diciembre 7th, 2011

No ano dos bosques, nos tamen colaboramos. Hoxe plantamos tres árbores no noso bosque “BONDÍN”. Un ginkgo, un viburno e un magnolio de folla caduca.

   

E xa está. Quedaron moi bonitos.

TRABALLANDO

Domingo, diciembre 4th, 2011

Ainda que o tempo non sexa bo, temos que coidar as nosas plantas e iso facemos de cando en vez.

                                           

                                            

                                             

A cidade das ideas

Domingo, noviembre 27th, 2011

Este traballo foi feito polo “Taller de Arte” relacionado co reciclado.

                               

                                  

Os morcegos

Viernes, noviembre 25th, 2011

Ides a ver o que podedes facer cos papeis de reciclaxe e un calcetín. Que disfrutedes!

2º paso 3º paso 4º paso

Así queda Que bonito está! todo listo!

E que vos parece isto?

SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Miércoles, noviembre 16th, 2011

O luns 7 de novembro os nenos/as de Educación Infantil e os de primeiro ciclo de Educación Primaria asistiron a unha sesión de contacontos amenizada por Anxo Moure.

  

Traballando o reciclado para a protección dos bosques

Jueves, octubre 13th, 2011

A primeira actividade para a conservación da natureza que estamos levando a cabo este curso é a reciclaxe dos diferentes materiais.

Estamos a elaborar distintas caixas para fomentar a reciclaxe nas aulas; comezamos pola caixa azul do papel, xa que un dos materiais que máis empregamos no cole.

Mirade que ben nos quedaron!


 

 

FIN DE CURSO

Martes, junio 28th, 2011

Neste verán recorda aforrar auga e respetar a natureza.

¡¡¡Que pasedes unhas boas vacacións!!! Vémonos en setembro.

O INVERNADOIRO

Martes, junio 14th, 2011

Neste curso  continuamos traballando no invernadoiro.
Grazas ao alumnado de 6º que durante todo o ano seguiron co traballo de mantemento do mesmo. Unha vez preparada a terra,  sementaron: leitugas, nabos, acelgas, patacas, herbillas, fresas; pensando no tempo de cada hortaliza. Pouco a pouco fixeron os traballos propios da agricultura, abonando, limpando as herbas, e facendo a recolección cando os froitos estaban no seu punto. Deixáronnos probar as fresas ¡Que boas!
Menudas leitugas levaron para as súas casas. E o caldo, estaría bo coas nabizas recollidas.
Rematando o curso volvemos a recordar aos bos traballadores e traballadoras de 6º coas súas mestras.     

  

 

 

 

 

Rufina

Domingo, marzo 13th, 2011

Rufina na biblioteca

Rufina é a nosa mascota do colexio e da biblioteca. Naceu en África. Ten manchas e catro patas. Leva postos uns zapatos marróns, unha camiseta vermella e uns vaqueros. Sempre nos escribe cartas para darnos traballos.    Daniela Touza (3º)

Rufina   Rufina no Entroido

ojd