Recompensa dun traballo ben feito(1º Trimestre)

Preparamos o invernadoiro selvático para que naceran soamente aqueles vexetais que nos interesaban.

Levounos o noso traballo, pero entres os tres cursos de sexto CONSEGUÍMOLO.

 

Memoria de voz natura 2008-09

DESCRIPCIÓN DO PROXECTO.

No presente curso 2008-2009, no mes de novembro procedeuse á plantación de bulbos de plantas ornamentais( xacintos, tulipáns e narcisos) nos diferentes niveis educativos.

 

 

Nos seguintes meses seguiuse o desenvolvemento e o coidado de ditas plantas.

No mes de febreiro levouse a cabo a plantación, neste caso de plantas aromáticas ( Romeu, salvia, lavanda, ourego, perexil,…). Co coidado permanente dos nenos e nenas de limpeza do xardín e rego das plantas.

No mes de marzo mellorouse o xardín de acceso ó centro ( con plantas como: glicinea, hebe, azalea, pieris,…), xunto cos xardíns do frente do colexio.

 

 

 

 

Durante todo o curso traballase co reciclado dos distintos materias, entre eles a recollida de papel de alumnio, que con respecto o reciclaxe é a gran novidade. Todo o alumnado está concienciado na recollida deste lixo e a súa reutilización. Tanto nos adornos navideños, como no seu emprego nas distintas areas.