Author Archives: Elvira

Traballando o reciclado para a protección dos bosques

A primeira actividade para a conservación da natureza que estamos levando a cabo este curso é a reciclaxe dos diferentes materiais.

Estamos a elaborar distintas caixas para fomentar a reciclaxe nas aulas; comezamos pola caixa azul do papel, xa que un dos materiais que máis empregamos no cole.

Mirade que ben nos quedaron!


 

 

FIN DE CURSO

Neste verán recorda aforrar auga e respetar a natureza.

¡¡¡Que pasedes unhas boas vacacións!!! Vémonos en setembro.

O INVERNADOIRO

Neste curso  continuamos traballando no invernadoiro.
Grazas ao alumnado de 6º que durante todo o ano seguiron co traballo de mantemento do mesmo. Unha vez preparada a terra,  sementaron: leitugas, nabos, acelgas, patacas, herbillas, fresas; pensando no tempo de cada hortaliza. Pouco a pouco fixeron os traballos propios da agricultura, abonando, limpando as herbas, e facendo a recolección cando os froitos estaban no seu punto. Deixáronnos probar as fresas ¡Que boas!
Menudas leitugas levaron para as súas casas. E o caldo, estaría bo coas nabizas recollidas.
Rematando o curso volvemos a recordar aos bos traballadores e traballadoras de 6º coas súas mestras.     

  

 

 

 

 

Rufina

Rufina na biblioteca

Rufina é a nosa mascota do colexio e da biblioteca. Naceu en África. Ten manchas e catro patas. Leva postos uns zapatos marróns, unha camiseta vermella e uns vaqueros. Sempre nos escribe cartas para darnos traballos.    Daniela Touza (3º)

Rufina   Rufina no Entroido

GYMKAUGA

Como xa sabedes este curso o tema do noso proxecto global de centro é a auga, polo que comezamos a traballar e tamén a xogar!

O primeiro que recibimos foi unha carta de Rufina para invitarnos aos xogos da auga. Que ben o pasamos, mirade, mirade.

xogos Gimkagua

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Este curso o proxecto global do centro xirará en torno á auga.

   

INVERNADOIRO

    Invernadoiro              invernadoiro                     Invernadoiro

                                                  Por fin! 

Decidiusese este ano poñer o invernadoiro  en marcha. Nestes intres estase arranxando a parte exterior (xa que había quedado desfeito)  por causas atmosféricas, e tamén sociais. Agora imos a animarnos para utilizalo . O alumnado poderá experimentar, observar, traballar, respectar e aproveitar todos os productos hortícolas e de xardinería que se poñan.

                                                 Primera plantación 6º  

            primeira plantación 6º            primeira plantación 6º       primeira plantación 6º

 

Hoxe 5 de maio o alumnado de 6º, decidironse por plantar: tomates, pementos e leitugas. Xa observaremos o seu desenrolo.

Hoxe 20 de maio imos visitar a nosa horta no invernadoiro. Gústanos ver como crecen as nosas plantas. Os nenos de tres anos tamén gustalles velas.

                       

 

                         

Coidamos o noso xardín

O alumnado de 5º están a traballar no xardín. É un traballo moi laborioso, sachan, cortan herba, regan… Imos mirar como traballan.

     

    

    

  

 

Nova plantación no colexio

 

Despois de moito tempo esperando, remataron as obras do corredor da entrada do colexio. E rematouse coa fermosa plantación de tres cipreses. Esperaremos uns anos para que nos dean sombra, ¡E quedarán do máis fermoso!

 

Os tres cipreses

null

                     tres cipreses    Os tres cipreses

A NOSA HORTA

Nas aulas de tres anos animáronse a facer unha horta, e os nenos e nenas decatáronse do desenvolvemento das súas plantas dende as sementes, observando todo o proceso.

o horto de 3 anos     O horto de 3 anos     O horto 3 anos

Levamos todas as plantas ó invernadoiro do colexio, onde seguiremos coidándoas.