Author Archives: Elvira

O NOSO SOLO

Chámase solo a parte superficial da codia terrestre, bioloxícamente activa, que proven da desintegración o alteración física e química das rochas e dos residuos das actividades dos seres vivos que se asentan sobre ela.

Polo que neste principio de curso comenzamos o traballo  para limpar e enriquecer o solo do noso invernadoiro.

Cavamos para airear a terra, botamos excrementos de coello e cabalo para alimentalo e así tre unas boas colleitas e xa está preparado.

O solo do noso invernadoiro

E xa empezamos o traballo. Pusemos acelgas e repolos.

Os nosos primeiros repolos.

 

 

Xa veremos como van crecendo co noso coidado e o alimento do solo.

 

E agora acelgas.

 

Que bonitas quedaron!

 

Todos traballando.

 

E xa está preparado! Esperaremos que cada parte faga o seu traballo.

 

E por fin conseguimolo, viño!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O noso mosto.

 

E tamén o embotellamos.

 

Aquí está. O fixemos nos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamen fixemos o mosto

Recollimos moitas uvas.

Estaba brandi;o e xeado/

 

 

Pisamos, esmagamos ben as uvas.

 

Esto é o que sacamos

 

 

 

OUTONO

Chegou o outono e os de 1º fixemos a vendima.

Recollida da uva

 

Pouco a pouco imos cortando os acios.

 

 

Todos traballamos

 

 

 

INVERNADOIRO 1º día

O primeiro día de traballo no invernadoiroP1120370

Hoxe fomos por primeira vez en 5º de primaria ao invernadoiro.
Foi abrir a porta e ulir os amorodos, tomates… estaba selvático!
Recollemos os froitos que había.
Oxalá podamos seguir vivindo esta experiencia.
Daniela Tobar, Carla Reguera

P1120369

 

Hoxe fun ao invernadoiro e vin que a herba crecera moitísimo dende a última vez que a vin. Tamén había moitos tomates, amorodos, pementos, lombardas.
E dicir, que impresionoume ver a herba tan crecida en tan solo tres meses.
Lucas Freire

P1120373

Cando vin os tomates fai tres meses, os vin pequenos, pero hoxe foi un milagre, porque os vin grandísimos. Cando os collín, os mirei fixamente ,os notei moi frescos para comelos nese momento. Levámolos á cociña.
Un día os comeremos na comida.
Iria Seijo

P1120378

O que vin foi incrible, nunca pensei que nun invernadoiro puidera haber tanta frondosidade. Era todo xigantesco! Parecía unha xungla! Pero había tomates, pementos, amorodos… Os lavamos e comemos algúns, os tomates e pementos levámolos a cociña. Tamén levamos algúns a clase de 2º A, onde os uliron e observaron.
Daniel Sotelo e Mauro

P1120379

Remate do curso

Antes de terminar o curso o C.E.I.P. Reibón, quere felicitar a todos os centros gañadores da Voz Natura así como a todos os centros que estivemos traballando no proxecto deste curso. Ata a próxima edición a todos.

peces

 

ATA A O PRÓXIMO CURSO

MOAÑA, UN POBO MARIÑEIRO

 

Moaña

mapa

Moaña, un pobo mariñeiro

Moaña é un pobo que vive do mar, por iso aquí son moi importantes os mariñeiros e as mariscadoras.
As actividades económicas máis importantes son: o marisqueo e as bateas.
Marisqueo: As mariscadoras traballan moi duro e a miúdo. Primeiro poñen as crías e plántanas na area para que logo aos sete meses poidan collelo co anciño.
Bateas: As bateas, están no mar e crían mexillóns para poder comelo, os mexillóns están boísimoooos.
Primeiro ponse unhas cordas colgando e polo medio poñen uns paus para colocar a cría e cando creza podemos comelo ao vapor.
Incluso os monumentos do noso pobo están dedicados ao mar.

Fisgón



O Fisgón; situado no paseo marítimo, dedicado ao traballo de todos os mariñeiros, feita por Manuel Varela. Representa un mariñeiro cun arte de pesca denominado “fisga” (tridente). É moi, moi grande, pesa 15 Tm.
Monumento aos mariñeiros; que representa o tempo que pasa alguén esperando a chegada das persoas do mar.

ballena 1
Anduriña; representa unha balea xigante co nome de paxaro, fíxose despois do afundimento do Prestixe.
Bufón; un monumento que representa unha lura xigante.

                              Visita Moaña, pobo mariñeiro.

                                                                                                                                               Alumnos de 5º de E.P.
escudo

MEMORIA

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER Á MEMORIA DESTE CURSO

Saída “O río da Fraga”

SAÍDA AO RÍO DA FRAGA

Os alumnos/as de 2º E.P. fomos a pasear polo río da Fraga, e así poder observar as plantas e os animais que alí hai.

Gustounos moito e fixemos debuxos do que observamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A PRAIA DA XUNQUEIRA

Todo o colexio  foi os dias 10 e 11 de marzo para facer o traballo de observación da praia e de recollida do lixo da mesma. Empezouse pola recollida e selección do lixo que atopabamos na area, levado polo mar pero que as persoas votan.

O día 10 foron os cursos de 3º E.P., 4º E.P. acompañando os nenos de 4 anos e 5º E.P. acompañando os nenos de 5 anos. O traballo foi moito xa que había bastante lixo.

 

 

 

 

Separámolo en bolsas das mesmas cores do reciclado. Todo o alumnado mostrábase satisfeito coa súa colaboración.

 

Rematouse cuns  refrescos ofrecidos pola organización de Voz Natura.

 

O seguinte día foron os cursos 1ºE.P., 2ºE.P. e 6ºE.P. acompañando os nenos de 3 anos. Tamén todos quedaron moi satisfeitos. O traballo deu os seus froitos e a praia quedou limpísima.