Monthly Archives: mayo 2015

ACTIVIDADES COA ASOCIACIÓN “MORRAZO VERDE”

 

 

 

 

 

 

 

Os de terceiro estiveron facendo un traballo de observación das árbores do xardín Bondín durante todo o curso.

No outono fixeron una observación do entorno do colexio e centráronse no xardín Bondín. E fixeron un plano das árbores.

Durante o mes de xaneiro cada neno escolleu a súa árbore, debuxárona e logo cos ollos vendados foron tocando e sentindo todas as árbores do xardín.
Despois fixeron un traballo plástico utilizando as follas das árbores e facendo impresións con diferentes técnicas plásticas.

Na primavera durante o mes de maio observaron os cambios nos froitos e nas follas e centráronse en observar e coñecer os brotes das árbores. E con follas de diferentes texturas e pintura fixeron unha técnica de dobrado con pintura e observar a figura que resulta.

E para finalizar utilizando todos os sentidos observaron e experimentaron, cheiraron, tocaron…. una exposición de flores aromáticas.

A experiencia resultou moi interesante e divertida.

P1120165Sin títuloP1120161Sin título1Sin título2DSC_0461P1120161DSC_0474DSC_0430P1120178P1120176P1120174