Os nenos e nenas de primeiro con moito traballo pero sobre todo con moita imaxinación fixeron do seu corredor un “Bosque de contos”. Ali podedes atopar as casas dos tres porquiños, aos sete cabritiños a ratiña presumida e ata unha casa de chocolate.
Argallaron todo isto coa reciclaxe de distintos materiais: panos, cartóns…. e traballando en equipo, conseguen levarnos a un mundo de fantasía e imaxinación.