Este ano coma sempre estamos traballando no invernadoiro do colexio.
O primeiro traballo foi limpar a maleza do invernadoiro para poder plantar porque despois do verán estaba feito un desastre.
Despois plantamos tomates, leitugas, cebolas e navizas.
E tamén aproveitamos para recoller froitos das tomateiras do ano pasado.
Arranxamos un pouco o xardín plantando plantas ornamentais.