Monthly Archives: junio 2014

Remate do curso

Antes de terminar o curso o C.E.I.P. Reibón, quere felicitar a todos os centros gañadores da Voz Natura así como a todos os centros que estivemos traballando no proxecto deste curso. Ata a próxima edición a todos.

peces

 

ATA A O PRÓXIMO CURSO

MOAÑA, UN POBO MARIÑEIRO

 

Moaña

mapa

Moaña, un pobo mariñeiro

Moaña é un pobo que vive do mar, por iso aquí son moi importantes os mariñeiros e as mariscadoras.
As actividades económicas máis importantes son: o marisqueo e as bateas.
Marisqueo: As mariscadoras traballan moi duro e a miúdo. Primeiro poñen as crías e plántanas na area para que logo aos sete meses poidan collelo co anciño.
Bateas: As bateas, están no mar e crían mexillóns para poder comelo, os mexillóns están boísimoooos.
Primeiro ponse unhas cordas colgando e polo medio poñen uns paus para colocar a cría e cando creza podemos comelo ao vapor.
Incluso os monumentos do noso pobo están dedicados ao mar.

Fisgón



O Fisgón; situado no paseo marítimo, dedicado ao traballo de todos os mariñeiros, feita por Manuel Varela. Representa un mariñeiro cun arte de pesca denominado “fisga” (tridente). É moi, moi grande, pesa 15 Tm.
Monumento aos mariñeiros; que representa o tempo que pasa alguén esperando a chegada das persoas do mar.

ballena 1
Anduriña; representa unha balea xigante co nome de paxaro, fíxose despois do afundimento do Prestixe.
Bufón; un monumento que representa unha lura xigante.

                              Visita Moaña, pobo mariñeiro.

                                                                                                                                               Alumnos de 5º de E.P.
escudo