Monthly Archives: abril 2014

A PRAIA DA XUNQUEIRA

Todo o colexio  foi os dias 10 e 11 de marzo para facer o traballo de observación da praia e de recollida do lixo da mesma. Empezouse pola recollida e selección do lixo que atopabamos na area, levado polo mar pero que as persoas votan.

O día 10 foron os cursos de 3º E.P., 4º E.P. acompañando os nenos de 4 anos e 5º E.P. acompañando os nenos de 5 anos. O traballo foi moito xa que había bastante lixo.

 

 

 

 

Separámolo en bolsas das mesmas cores do reciclado. Todo o alumnado mostrábase satisfeito coa súa colaboración.

 

Rematouse cuns  refrescos ofrecidos pola organización de Voz Natura.

 

O seguinte día foron os cursos 1ºE.P., 2ºE.P. e 6ºE.P. acompañando os nenos de 3 anos. Tamén todos quedaron moi satisfeitos. O traballo deu os seus froitos e a praia quedou limpísima.