Monthly Archives: diciembre 2012

Enerxías humanas

Os nenos/as de 2º E.P. utilizan a súa enerxía para a limpeza e o coidado do xardín do noso centro.

Gústalles ter limpo os seus espazos, de xardín e de xogos, polo que insisten en que todos fagamos o mesmo que eles.

Piden que non tiremos o lixo ao chan xa que existen papeleiras para ese fin.

Posta en marcha do invernadoiro.

Un curso novo e xa estamos outra vez co traballo do invernadoiro. Empezamos o día 22 de novembro plantando e sementando as primeiras plantas. Antes xa traballáramos nel, abonando, cavando, e preparando a terra. Este son as fotos do noso traballo.

Sementamos ervillas, grelos, coles, leitugas, tomates, fresas… e iremos poñendo mas o longo do curso.

Este curso plantamos as verduras e hortalizas que logo utilizaran no comedor ; así o noso esforzo veráse recompensado co noso traballo.