Daily Archives: noviembre 30, 2012

Elementos Naturais

Os alumnos e alumnas de  5º fixemos  unha saída á praia da Xunqueira para buscar cunchas para o noso traballo sobre  «As cidades» , que é o fío conductor do proxecto anual que levamos a cabo no centro, concretamente estamos traballando a cidade de Pontevedra.

A búsqueda foi proveitosa, atopamos o que buscábamos.

E despois deste divertido traballo este foi o resultado.

BONDÍN

O Bondín e o xardín de Reibón.

Puxeronlle  ese nome porque é o “bon” de Reibón e o “dín” de xardín.

Temos moitas árbores e os seus nomes son: o pradairo,liquidámbar , ciprés, abeto , acacia, cedro chorón,  bidueiro, carballo, araucaria, érbedo, magnoleo e ginkgo biloba.

O que mais me gusta é o Cedro chorón, por como lle caen as ramas en forma de bágoas, é por isto que o seu  nome é choron. Os pequenos, os nenos/as de educación infantil úsano como zona de xogos no recreo. Por iso non vamos alí casi nunca, so as mesas, as veces, cando meredamos e xuntámonos as amigas.

O outro día fomos a observar o outono, foi moi bonito, xa que contemplamos as cores das follas de toda a variedade das árbores. Que bonito é!

Alba Diez 5º A