Hoxe vouvos contar a historia dunhas nabizas moi especiais.
Empezamos plántandoas no invernadoiro e despois tocounos regar,regar e regar… e coidalas.
Pois hoxe recóllemolas para levalas a Fran ( o cociñeiro do comedor) Tíñamos caldo galego no menú. Ían estar boísimas! ( Juan Pereiro)
Hoxe, en alternativa, collemos nabizas no invernadoiro . Díxonos a profesora, que colléramos a folla e un pouco de talo. Metémolas todas nun cubo e levámoslas á cociña para que fixeran caldo . Seguro están boísimas! (Anxo Currás)
Hoxe fomos ao invernadoiro, tocaba coller nabizas; para o comedor. Fixemos un ramo cada un e despoís lévamolas ao comedor para cociñar con elas.( Luís Gayo)
Hoxe fomos a o invernadoiro tocaba recoller nabizas; un mollo cada un . Despois as levamos á cociña,xa que as necesitaban para un prato da semana. (Daniel García)