Monthly Archives: junio 2011

FIN DE CURSO

Neste verán recorda aforrar auga e respetar a natureza.

¡¡¡Que pasedes unhas boas vacacións!!! Vémonos en setembro.

O INVERNADOIRO

Neste curso  continuamos traballando no invernadoiro.
Grazas ao alumnado de 6º que durante todo o ano seguiron co traballo de mantemento do mesmo. Unha vez preparada a terra,  sementaron: leitugas, nabos, acelgas, patacas, herbillas, fresas; pensando no tempo de cada hortaliza. Pouco a pouco fixeron os traballos propios da agricultura, abonando, limpando as herbas, e facendo a recolección cando os froitos estaban no seu punto. Deixáronnos probar as fresas ¡Que boas!
Menudas leitugas levaron para as súas casas. E o caldo, estaría bo coas nabizas recollidas.
Rematando o curso volvemos a recordar aos bos traballadores e traballadoras de 6º coas súas mestras.