Ata o próximo curso!!!

Hoxe facemos a última entrada deste curso…un pouquiño de mágoa si que nos dá!!

Pero as vacacións servirán para coller moitas forzas, novas enerxías e comezar o vindeiro ano con moita ilusión!!

E que mellor maneira de rematar que co resumo en fotos e vídeos do que foi a gran festa de Voz Natura o pasado sábado 4 de xuño. Aquí tendes o enlace á paxina oficial de Voz Natura, e pinchando na imaxe do noso stand na exposición, poderedes ver un super vídeo de todo o que por alí aconteceu!!

Festa de Voz Natura

IMG_20160601_201241

Moitas grazas a tod@s polo voso entusiasmo e dedicación!!!

Deica o próximo curso!!!

E xa sabes…

…PENSA EN VERDE!!!

Publicado en Voz Natura na prensa | Deixa un comentario

Luns ecoactivos

5 de Xuño

Día Mundial do Medio Ambiente

Máis aló das xornadas dedicadas a temas ambientais concretos, o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, engloba a todas as efemérides ecolóxicas co obxectivo global de fomentar a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta.

Trátase, por iso, do evento ambiental máis importante que Nacións Unidas leva desenvolvendo desde 1972 en máis de 100 países ao redor do mundo. Elixiuse esa data porque coincide coa apertura da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano celebrada en Estocolmo (Suecia) en 1972, a mesma que levou ao establecemento do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Información e recursos sobre esta efeméride

E para comprender un pouquiño mellor a necesidade de coidar e vivir en harmonía co noso planeta, aquí vos quedan estas dúas curtas. Esperamos que vos gusten!!

Publicado en Luns ecoactivos | Deixa un comentario

Festa de Voz Natura

Xa hai data!!! O sábado 4 de xuño é o día para sinalar na axenda. Miles de escolares de Galicia e as súas familias teñen unha cita ese día en Culleredo (A Coruña), no parque de Acea de Ama, para celebrar o fin de curso de Voz Natura.

A festa arrincará ás 11.00 da mañá e prolongarase ata as 19.30 da tarde, con entrada libre para todo o que teña ganas de pasalo ben!!.

Ademais de premios e exposicións, a festa incluirá numerosas actividades lúdicas e deportivas para diferentes idades. A participación en todas elas será completamente gratuíta. Volverán os inchables, os talleres, as actuacións… Múltiples propostas que nos próximos días iranse coñecendo a través desta web:

http://www.voznatura.com/home/index.php?idseccion=36

O noso colexio participará na exposición coma cada ano, aportando as ideas e traballos que se fan ao longo do curso.

Para animarvos a ir, aquí vos deixamos un vídeo resumo da festa do curso pasado…ímolo pasar xenial!!! Clicade na imaxe para vorder velo!!

Publicado en Actividades do cole, Voz Natura na prensa | Deixa un comentario

Coidamos o noso planeta

Algo fermoso para rematar a semana…

Publicado en Coidamos o noso planeta | Deixa un comentario

Luns ecoactivos

24 de Maio

Día Europeo dos Parques

Os primeiros parques nacionais de carácter europeo xurdiron a partir dunha declaración en Suecia o 24 de maio de 1909. A federación Europarc leva desde 1999 promovendo esta data como o Día Europeo dos Parques. En España, esta organización leva a cabo durante os últimos anos unha serie de actividades, concienciando á sociedade dos valores de colaboración e cooperación para a conservación da natureza.

Os espazos naturais protexidos en Europa cobren na actualidade uns 750.000 km², o que representa o 14,6% da superficie do continente.

Aquí vos deixamos estes enlaces para que coñezades un pouquiño máis sobre estes espazos naturais:

Publicado en Luns ecoactivos | Deixa un comentario

Coidamos o noso planeta

17 de maio

Día Internacional da Reciclaxe

O martes pasado, 17 de maio, ademais de ser o Día das Letras Galegas, tamén foi o Día Internacional da Reciclaxe.

Papel, latas, briks, vidro e residuos orgánicos teñen o seu contedor correspondente e unha data no calendario para lembralos. Deste xeito, o 17 de maio constitúese o Día Internacional da Reciclaxe, para concienciar á poboación mundial da importancia que ten hoxe en día a reciclaxe.
Por exemplo, reciclar unha lata de aluminio pode aforrar un 90% da enerxía necesaria para facer unha nova, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.
Por certo, os móbiles tamén se reciclan, o seu lugar é o contenedor do punto limpo.

Hoxe deixámosvos dous enlaces con información moi interesante e práctica para aprender a reciclar máis e mellor!!

Tamén podedes disfrutar desta historia sobre as 3 R!!!

E para rematar a semana un pouquiño de música…a bailar!!!

Publicado en Coidamos o noso planeta | Deixa un comentario

Luns ecoactivos

Demorámonos un pouquiño en poñer as fotos dos gañadores do concurso de marcapáxinas e a todos os participantes co seu diploma.

Pois aquí as tendes!! Clicade na imaxe para velas!!

IMG_20160424_230142Noraboa a tod@s por participar e facer uns marcapáxinas tan bonitos e orixinais!!

Aquí están os gañadores deste ano!!Bravo!!!

Para poder ver os marcapáxinas enteiros pinchade nas imaxes.

Publicado en Concursos, Luns ecoactivos | Deixa un comentario

Coidamos o noso planeta

Para rematar esta primeira semana de maio imos coñecer un pouquiño máis sobre a migración das aves.

No noso colexio temos unha mestra que é unha fotógrafa estupenda e sempre nos deixa unhas imaxes fermosísimas!! Nesta ocasión foi de paseo ao Parque de Bens e fotografiou a paxaros e lagartos que comezan a saudar ao sol…pinchade na imaxe e mirade que marabilla!!!

Gracias Dolores!!

Resultado de imagen de chasco

Xa vedes que fotos tan bonitas se poden sacar na nosa cidade!!

E agora uns vídeos para aprender e divertinos un pouquiño. Hai para todas as idades!! Espero que vos gusten!!

 

Publicado en Coidamos o noso planeta | Deixa un comentario

Luns ecoactivos

Reciclar. A arte de mirar con outros ollos.

Comezamos a semana con moitas ganas!!

Pensando nas interpretacións dos cadros que estades a facer nas clases con material de refugallo, aquí vos deixamos dous vídeos que vos poden dar algunha idea!!

Anotade, porque hai cousas realmente interesantes!!

 

Publicado en Luns ecoactivos | Deixa un comentario

Coidamos o planeta

Rematamos a semana con dous  fantásticos vídeos que teñen como obxectivo crear conciencia da importancia da reciclaxe en todos os ámbitos da nosa vida.

Boa fin de semana!!! 😀

Publicado en Coidamos o noso planeta | Deixa un comentario