Escrito por Teresa 1 de julio de 2011 a las 18:49h
Rematado o curso 2010/2011 queremos despedirnos ata o próximo curso coas imaxes da participación da comunidade educativa do CEIP de Pousada Carcacía na Festa Voz Natura.
O Programa Voz Natura ofreceulle, de novo, a nosa comunidade educativa a oportunidade de participar nunha xornada de lecer. A excelente organización da Festa: un recinto magnífico, a adecuada distribución dos espazos, as propostas de actividades… fixo que, pola nosa parte, so tivesemos que tomar unha decisión: con quen ,como e de que maneira participar na Festa. Unha longa xornada de lecer con moito tempo para…
¡¡¡ QUE TEÑADES MOITO TEMPO DE LECER…TEMPO PARA PASEAR… TEMPO PARA NADAR…TEMPO PARA PENSAR…TEMPO PARA SER SOLIDARIOS…TEMPO PARA ESCOITAR…TEMPO PARA LER…TEMPO PARA REFLEXIONAR…TEMPO PARA COMPARTIR… TEMPO PARA EL OU PARA ELA…TEMPO TAMÉN PARA TI …!!!
Escrito por Teresa 13 de mayo de 2011 a las 11:01h
Chegou no mes de maio do curso pasado … No outono visitounos en moitas ocasións. No inverno moi pouco pero o suficiente para facernos pensar que estaba recollendo información para Papá Noel. Desapareceu. Reapareceu no mes de marzo deste curso. Desapareceu…Pero chegou o mes de maio…
Cada día aproximadamente a mesma hora, varias veces cada mañá, non todas as tardes… Observa atentamente, parece que quixera escoitar ou aprender… prefire os momentos máis tranquilos e silenciosos pero tamén apúntase as nosas conversas, cando contamos as nosas noticias…
E logo comeza o seu ritual unha, outra,outra e outra… e mil veces peteira contra o cristal… coma se quixera contar algo ou ¿ terá fame ? ¿que quere saber? Salta dun lado a outro e… marcha e volve… Abrimos as ventás pero non lle importa, decide situarse sempre detrás do cristal. Dixo alguén ¡ Non quere entrar!
E cada día agardamos a súa visita e cando chega sabemos que prefire o silencio, a tranquilidade e que así conseguimos que se quede máis tempo…pero non o suficiente porque en canto collemos a cámara de fotos decide retirarse…A nosa ilusión que decida quedarse nalgunha das caixas niño que temos no patio… e tamén poder entender o seu idioma.
Co proxecto do Programa Voz Natura deste curso “Auga:Ciclos de vida” petendiamos a iniciación ao estudio do ciclo biolóxico dos peixes e das ras. Por este motivo planificamos no mes de setembro a visita ao Centro Ictiolóxico de Ximonde co fin de comprender o ciclo biolóxico do salmón atlántico, unha especie moi vinculada ao Sistema Fluvial Ulla-Deza.
OBXECTIVOS DA SAÍDA:
Poñer en valor cara ao alumnado e á comunidade educativa un entorno moi próximo ao centro escolar: o Sistema Fluvial Ulla-Deza(Ximonde, no Concello de Vedra)
Realizar unha visita ao Centro Ictiolóxico de cría e reprodución de Ximondeco fin de coñecer o ciclo biolóxico do salmón atlántico.
Realizamos visitas previas ao Centro Ictiolóxico, co asesoramento e a colaboración de Manuel Rego e José Antonio, co fin de coñecer as instalacións e a proposta de actividades a realizar durante a visita.
Co alumnado realizamos diversas actividades nas aulas (vídeos,láminas, debuxos…) previas á realización da visita ao Centro Ictiolóxico para coñecer o ciclo biolóxico do salmón atlántico.
ACTIVIDADES NA SAÍDA:
Coa colaboración e asesoramento de Pablo Caballero, xefe de sección de biodiversidade, Manuel Rego axente forestal e Jose Antonio peón da estación realizamos a visita as diferentes dependencias do Centro Ictólóxico de Ximonde.
O alumnado participou atentamente nas explicacións que Pablo Caballero fixo dos paneis explicativos sobre o ciclo biolóxico do salmón e tivo a oportunidade de resolver todas as inquietudes e curiosidades en relación ao salmón, a troita, a lamprea…
O alumnado tamén tivo a oportunidade de observar pequenos exemplares de troita, lamprea… nun acuario de grandes dimensións atendendo as explicacións dos expertos.
A observación de láminas, paneis informativos e un vídeo didáctico sobre o salmón atlántico foron tamén actividades realizadas durante a visita.
ACTIVIDADES POSTERIORES Á SAÍDA:
Despois da saída o traballo tivo continuidade nas aulas do centro escolar avanzando na comprensión do ciclo biolóxico do salmón.
Aínda así, nun primeiro momento, resultounos difícil dispor de material didáctico axeitado para o alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria pero o descubrimento dos vídeos en:
(que poden ser utilizados polos profes e educadores nas condicións indicadas) foron recursos didácticos extraordinarios que nos axudaron a comprender o ciclo biolóxico do salmón:
Escrito por carmina 5 de mayo de 2011 a las 14:55h
Os nenos e nenas do Ceip Pousada de Carcacía están estudiando as ras, por iso, quero contarlles algo sobre estos anfibios.
Pois ben, nalgúns países onde hai moitos lagos, como por exemplo en Alemaña, cando o tempo se fai máis cálido, xeralmente a partir do mes de marzo, as ras e os sapos despois de pasar un tempo na terra, comezan a migración cara as súas augas natais, é dicir, regresan ós lagos e estanques nos que medraron. Volven alí para depositar os seus ovos. As ras e os sapos empezan a súa migración á noitiña e moitas veces teñen que atravesar anchas estradas, por iso, desgraciadamente moitos son atropelados. Para evitar isto os protectores da natureza inventaron un ” valado para ras “. Diante do valado entérranse uns cubos cada vinte ou trinta metros. Como as ras non poden subir o valo, saltan ó longo de todo o valado e finalmente caen nos cubos, os cales son vaciados regularmente polas mañás e polas noites para que os anfibios non morran. Os protectores da natureza lévannos ó outro lado da estrada, onde os liberan para que cheguen con éxito ó seu ansiado destino.
Como xa sabedes estivemos navegando polo océano Pacífico e chegamos a illa Palau.
Despois de sufrir os efectos da contaminación descubrimos dous grandes tesouros: a amizade e auga da fonte da vida.
Nós queriamos levar esta auga ata África, pero por diversos motivos non nos foi posible emprender esa viaxe.
Sabemos que a vosa tripulación, cada día máis numerosa e entusiasta, partirá proximamente rumbo a África para levar adiante unha importante misión: a dotación dun “tesouro solidario” para axudar a construír un pozo.
Os piratas de Calabrote do CEIP de Pousada Carcacía en Padrón queremos compartir con vos estes dous grandes tesouros que atopamos na illa Palau.
Nestes días recibiredes un cargamento con un agasallo ( un cabaliño de mar e unha medusa) do océano Pacífico. A nosa intención é que poidades levar algunha pinga de auga do voso proxecto solidario ata África en nome da tripulación de Calabrote.
Proximamente, como tamén sabedes, toda a tripulación do Programa Voz Natura estamos convocados ao gran evento que se celebrará no lugar denominado Acea de Ama, en Culleredo . O 4 de xuño partiremos rumbo ao Océano Atlántico con destino á
¡ ¡ ¡ FESTA DE VOZ NATURA ! ! !
¡Camaradas, agárdanos, de novo, unha gran aventura !
Dende un lugar chamado Padrón con moita vinculación ao río Ulla,a tripulación do CEIP de Pousada Carcacía deséxavos que teñades moito éxito no voso proxecto solidario en África.
¡Ata pronto amigos!
Asdo.:Piratas de Calabrote.Tripulación do CEIP de Pousada Carcacía.
Escrito por Teresa 14 de abril de 2011 a las 20:45h
Xa temos as imaxes da longa travesía polo océano Pacífico. Como sabedes, estamos moi empeñados en mudar as historias por iso os piratas de Calabrote son piratas solidarios …
”…Despois dunha vida repleta de abordaxes e saqueos decidiron vivir tranquilamente na illa Palau. A noitiña organizados en grupos de recoñecemento dos diferente lugares da illa (a praia das tartarugas, a lagoa das ras, o acantilado…) protexían e vixiaban os animais en perigo de extinción…
Os piratas encargados de vixiar os tesouros, moi apampados por beber auga contaminada, traizoaron aos seus camaradas…Os piratas traidores, cando xa non estaban baixo o efecto da contaminación , sentíronse profundamente avergoñados e bastoulles un grolo de auga limpa e fresca da fonte da vida para caer na conta de que non podían seguir mantendo a súa traizón. De súpeto notaron unhas estrañas palpitacións no seus corazóns e foron en busca dos cofres que tiñan agochados.
Cando regresou a tripulación, os piratas arrepentidos contaron todo o sucedido… Os seus camaradas non tardaron en recoñecer o seu arrepentimento e darse conta dos efectos que a contaminación pode producir. Dende aquel día, a tripulación de Calabrote protexe dous grandes tesouros: a amizade e a auga da fonte de vida.
Esa mesma noite organizaron unha gran festa pirata nun dos seus lugares preferidos, a praia das tartarugas, decididos a emprender o día seguinte unha longa viaxe ata África para compartir os seus grandes tesouros: a amizade e auga da fonte de vida…”
Escrito por Teresa 12 de abril de 2011 a las 0:04h
O Día da Árbore, o Día Mundial da Auga, o Día Meteorolóxico Mundial…O Ano Internacional dos Bosques…foron algunhas das efemérides medio ambientais que celebramos nas actividades promovidas dende a Concellería de Educación e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Padrón en colaboración con Arenaria coordinación .
Celebramos a implicación e sensibilización do Concello neste tipo de actividades e a gardamos que teñan continuidade.
¡¡¡ O Medio Ambiente compromiso e responsabilidade de tod@s !!!
Escrito por Teresa 22 de marzo de 2011 a las 23:29h
Neste curso, participando no Programa Voz Natura, xa temos realizado moitas actividades relacionadas coa auga: campaña de sensibilización do uso responsable da auga, saídas e pequenas experiencias relacionadas co ciclo hidrolóxico, cos estados e propiedades da auga…por iso dende o primeiro momento tiñamos pensado que a proposta para celebrar o Día Mundial da Augatiña que estar asociada cunha actividade lúdica: a festa da auga.
Pero tamén é certo que na nosa sociedade caracterizada polo consumismo en exceso asociamos festa cun gran evento, con grandes e espectaculares propostas, sen caer na conta de que en moitas ocasións os nenos e nenas de hoxeprecisan e valoran moito máis outro tipo de actividades que ás veces por simples que poidan parecer teñen unha implicación afectiva extraordinaria e transfórmanse en experiencias dificiles de esquecer: un paseo con papá e mamá, xogar todos xuntos, descubrir e compartir aprendizaxes novas…
Por esta razón a nosa proposta de celebración do Día Mundial da Augafoi moi simple pero moi probablemente deixou pegada nos cativos e cativas da escola:
¡¡¡ Xogar con auga: facendo pompas de xabón !!!
A fórmula é moi sinxela ademais de ser extraordinariamente económica. O que non ten prezo son as expresións dos nenos e nenas sentíndose capaces de facer pompas grandes e compartir esta experiencia cos seus amigos e amigas.
Pero coma sempre, a realidade imponse e na escola debe ter cabida a reflexión dos acontecementos do noso entorno inmediato. No Día Mundial da Auga non quixemos esquecer o que está a suceder no Xapón( moi especialmente a todos os nenos e nenas) como consecuencia do tsunami, como consecuencia dun océano enfurecido. Así que a segunda proposta para celebrar o Día Mundial da Auga foi pensar un minutiño coa man no corazón e recordar a todos os nenos e nenas do Xapón que hoxe non son tan afortunados coma nós.
Logo buscamos na prensa as noticias relacionadas coDía Mundial da Auga e de novo atopamos imaxes de nenos carrexando auga, en contacto con auga moi contaminada… imaxes que nos deixaron moi impresionados. Ao mesmo tempo nós estabamos recordando e facendo o debuxo que representaba a nosa festa das pompas. De novo, sentímonos moi afortunados.
O contraste, a cara e a cruz da nosa particular maneira de celebrar o Día Mundial da Auga.
Escrito por Teresa 21 de marzo de 2011 a las 21:50h
Hoxe José Antonio, membro do comité científico do Programa Voz Natura, visitou de novo o noso centro escolar. En canto apareceu na porta da escola xa non foron preciso as presentacións. Os nenos e nenas acudiron por propia iniciativa a saudalo e contarlle as novas.
Cando estivemos vendo a evolución da nosa poza e do xardín de bulbos tivo a oportunidade de compartir experiencias cos xa expertos pescadores da escola de Carcacía. Logo contámoslle o misterio que aínda temos sen resolver en relación ao paxariño que nos visita todos os días.
Despedímonos co compromiso de que a nosa próxima cita será o sábado 4 de xuño na Festa de Voz Natura.
Escrito por Teresa 14 de marzo de 2011 a las 11:02h
Despois da nosa aventura no Pacífico, e neste momento co pensamento e cos nosos sentimentos acompañando a toda a poboación de Xapón que está sufrindo a catástrofe provocada polo tsunami, xa estamos de novo en Carcacía.
A volta das vacacións do Entroido, atendendo as predicións metereolóxicas que anunciaban un cambio de tempo, aproveitamos os dous días de “aparente primavera” para por en marcha a plantación que neste curso levamos cun certo retraso. Temos que estar preparados para a visita do coello da Pascua , aínda que probablemente este curso co retraso que levamos non poidamos ofrecerlle cenorias pero pretendemos deixalo impresionado co xardín dos bulbos.