Entradas para la categoría ‘Saída medioambiental’

REFORESTAMOS

Miércoles, marzo 21st, 2012

O Mércores 21 de Marzo coincidindo coa celebración do Día Mundial Forestal realizamos unha plantación de carballos e castiñeiros nun espazo público da parroquia de Carcacía.

Estes carballos e castiñeiros proceden das sementes recollidas e plantadas no viveiro da escola no curso 2008/2009, o noso primeiro ano de participación no Programa Voz Natura.

Con esta actividades pretendemos:

  • Fomentar actitudes de respecto e de valoración do patrimonio biolóxico recoñecendo e valorando os bosques. 
  • Contribuír a plantación de árbores autóctonas no entorno inmediato ao centro escolar 
  • Facer partícipes ás familias e a comunidade educativa das actividades medio ambientais realizadas no Proxecto Voz Natura

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O salmón atlántico

Viernes, mayo 6th, 2011

Co proxecto do Programa Voz Natura deste curso  “Auga:Ciclos de vida” petendiamos a iniciación ao estudio do ciclo biolóxico dos peixes e das ras. Por este motivo planificamos no mes de setembro a visita ao Centro Ictiolóxico de Ximonde co fin de comprender o ciclo biolóxico do salmón atlántico, unha especie moi vinculada ao Sistema Fluvial Ulla-Deza.   

 OBXECTIVOS DA SAÍDA:  

  • Poñer en valor cara ao alumnado e á comunidade educativa un entorno moi próximo ao centro escolar: o Sistema Fluvial Ulla-Deza (Ximonde, no Concello de Vedra)
  • Realizar unha visita ao Centro Ictiolóxico de cría e reprodución de Ximonde co fin de coñecer o ciclo biolóxico do salmón atlántico.
PREPARACIÓN DA SAÍDA:
  • Solicitamos a autorización ao Servizo de Conservación da Natureza  do Departamento Territorial da Consellería de Medio Rural de Pontevedra.
  • Realizamos visitas previas ao Centro Ictiolóxico, co asesoramento  e a colaboración de Manuel Rego e José Antonio, co fin de coñecer as instalacións e a proposta de actividades a realizar durante a visita.
  • Co alumnado realizamos diversas actividades nas aulas (vídeos,láminas, debuxos…) previas á realización da visita ao Centro Ictiolóxico para coñecer o ciclo biolóxico do salmón atlántico.
 ACTIVIDADES NA SAÍDA:
  •  Coa colaboración e asesoramento de Pablo Caballero, xefe de sección de biodiversidade, Manuel Rego axente forestal e Jose Antonio peón da estación realizamos a visita as diferentes dependencias do Centro Ictólóxico de Ximonde.
  • O alumnado participou atentamente nas explicacións que Pablo Caballero fixo dos paneis explicativos sobre o ciclo biolóxico do salmón e tivo a oportunidade de resolver todas as inquietudes e curiosidades en relación ao salmón, a troita, a lamprea…
  • O alumnado tamén tivo a oportunidade de observar pequenos exemplares de troita, lamprea… nun acuario de grandes dimensións atendendo as explicacións dos expertos.
  • A observación de láminas, paneis informativos e un vídeo didáctico sobre o salmón atlántico foron tamén actividades realizadas durante a visita.

ACTIVIDADES POSTERIORES Á SAÍDA: 

Despois da saída o traballo tivo continuidade nas aulas do centro escolar avanzando na comprensión do ciclo biolóxico do salmón.    

  
embedded by Embedded Video

YouTube Direkt    

 

 NOTAS :

  • En  Galicia existen  traballos de investigación moi importantes en relación ao salmón atlántico,entre outros: 

http://www.rios-galegos.com/atlassalmon.htm 

  • Atopamos moita información moi ben estruturada en centros da comunidade educativa do Programa Voz Natura:

 http://blogs.voznatura.es/colexiobalmes/tag/salmon/

  • Aínda así, nun  primeiro momento, resultounos difícil  dispor de material didáctico axeitado  para o alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria pero o descubrimento dos vídeos en:

  http://www.arkive.org/about/faqs.html 

(que poden ser utilizados polos profes e educadores nas condicións indicadas)  foron recursos didácticos extraordinarios que nos  axudaron a comprender o ciclo biolóxico do salmón:

http://www.arkive.org/atlantic-salmon/salmo-salar/video-09c.html.

  • Tamén outros vídeos:

 http://www.youtube.com/watch?v=5HMp-GXjHtg  

 

 http://www.youtube.com/watch?v=uZDA51tFdug&feature=related

 

Os Muíños de Río

Lunes, noviembre 8th, 2010

Comezamos o proxecto deste curso” Auga: ciclos de vida” do Programa Voz Natura co conto dunha pinga de auga que chegaba ao río Ulla para introducir o concepto de “ciclo hidrolóxico” .    

Facer o mesmo percorrido da pinga dende o regueiro ata o río Ulla pasando por Xoane (aldea da parroquia de Carcacía) sería o noso obxectivo na saída medioambiental.    

Nos debuxos, cando fixemos a representación do conto, apareceu un elemento que recordaban das saídas realizadas o curso pasado: o muíño de río.    

Foi nese momento cando decidimos incluír ese novo elemento ¡non previsto na programación! na saída que xa estabamos organizando. Vídeos, imaxes de muíños de río, debuxos, conversas…foron algunhas das actividades previas á saída.    

Na saída seguimos o regueiro ata chegar a  aldea de Xoane, logo alguén dixo  ¡O MUÍÑO DE RÍO¡ ¡ATOPEINO¡… E descubrimos con Ana, a axente forestal colaboradora no noso proxecto, as pedras onde a xente  pousaba os sacos de grán cando chegaban ao muíño. E este descubrimento foi motivo de moitos recordos, emocións…  dos pais e nais que nos acompañaban na saída…      

Logo, alguén díxonos que se chamaban “as pedras do pouso do muíño” pero buscando máis información tamén atopamos as chamadas “ pedras de asento“… ¡ non o temos nada claro¡ Pero seguro, que aínda atoparemos a alguén que poida compartir con nós as súas emocións  e poida explicarnos todo isto …E como nos muiños xurdiron cancións, refráns, contos e ata unha danza: a muiñeira… un anaquiño para recordar…    

“Na porta daquel muíño,    

hai dúas pedras de asento:    

unha é para namorar    

e outra para pasar o tempo”    

   

  

  

  

 

  
 

 

Saída Medioambiental: “O Areeiro”

Domingo, marzo 14th, 2010

Proximamente realizaremos a saída prevista na programación de actividades do Proxecto medioambiental de Voz Natura. Dende a escola e acompañados da axente forestal (colaboradora do noso proxecto) iremos andando ao “O Areeiro” un entorno natural moi próximo ao centro escolar situado nos límites do Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000 como zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) e lugar de Interese comunitario (LIC).

OBXECTIVOS DA SAÍDA

  • Poñer en valor o “Areeiro” coma zona de especial protección de valores naturais (ZEPVN).
  • Fomentar actitudes de respecto e de valoración do patrimonio biolóxico.
  • Recoñecer algunha das especies máis representativas deste ecosistema.

PREPARACIÓN DA SAÍDA

  • Introdución ao concepto de “zona de especial protección valores naturais” mediante conversas, recompilación de información, contos… 
  • Relación de actitudes que debemos adoptar durante a saída e a recollida das especies.
  • Proxección audiovisual: especies representativas que atoparemos na saída.
  • Diversas actividades na aula de: identificación, diferenciación, semellanzas, diferenzas…entre as distintas especies.
  • Representación (mediante murais, debuxos…) dalgunhas especies representativas.

ACTIVIDADES NA SAÍDA

1. EN GRAN GRUPO:
  • observaremos algunhas especies.
  • participaremos nas explicacións da axente forestal

2. EN EQUIPOS DE TRABALLO 

  • recolleremos 1 ou 2 exemplares de cada especie
  • plantaremos en macetas as especies

TRABALLO NO CENTRO ESCOLAR

Despois de realizada a saída o traballo terá continuidade en cada unha das aulas e no centro escolar.

Nota: A recollida de especies neste espazo protexido conta coa correspondente autorización do Servizo de Conservación da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Pontevedra.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Saída Medioambiental: “O Xirimbao”

Viernes, noviembre 27th, 2009

No Proxecto de Voz Natura deste curso 2009/10 propoñemos actividades encamiñadas a “redescubrir” (porque xa é coñecido polo alumnado e a comunidade educativa) un entorno moi próximo ao centro escolar “O Xirimbao” coa finalidade de coñecer e valorar  a biodiversidade do Sistema Fluvial Ulla-Deza. Por esta razón tiñamos programada unha saída medioambiental no outono.     

OBXECTIVOS DA SAÍDA   

  • Valorar os soutos coma elementos de gran valor do noso patrimonio biolóxico.
  • Iniciarnos no manexo das claves de identificación para recoñecer e diferenciar os castiñeiros doutras árbores.
  • Observar a conservación deste espazo natural: presenza de lixo, a contaminación…
  • Reflexionar en relación as actuacións necesarias para conservar este espazo natural.

PREPARACIÓN DA SAÍDA 

  • Organización dos equipos de traballo: 6 equipos de 4 nenos e nenas de 3 a 7 anos.
  • Designación do responsable de cada equipo (alumnado de 2º curso de Ed. Primaria)
  • Preparación do caderno de traballo
  • Actividades previas nas aulas para coñecer as actividades a desenvolver na saída

ACTIVIDADES NA SAÍDA

Cada equipo de traballo recolle información en relación a 5 temas:   

  1. os sons que se escoitan
  2. recollida de follas de castiñeiro e doutras follas diferentes
  3. observación dos animais
  4. reconto de cogomelos
  5. presenza de lixo e estado conservación do entorno natural

TRABALLO NO CENTRO ESCOLAR

Despois de realizada a saída o traballo ten continuidade en cada unha das aulas e no centro escolar:reflexionando, observando, clasificando… a información recollida e realizando a “representación dun souto” elaborado con material de refugallo.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd