Entradas para la categoría ‘Obradoiro medioambiental’

Calco de Follas

Jueves, diciembre 16th, 2010

Para seguir avanzando nas claves de identificación realizamos unha actividade de calco de follas.  

 

 OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:   

  • Diferenciar o nervio central e os nervios secundarios.
  • Recoñecer atendendo ao bordo as follas lobuladas e as dentadas.

  MATERIAIS:

  • Follas de castiñeiro e carballo
  • Papel vexetal
  • Lapis
  • Rotulador groso
  • Tesoiras

AGRUPAMENTO

  • Individual
  • Parella

Con esta pequena experiencia de aprendizaxe, ademais de acadar os obxectivos propostos, descubrimos  todas as complicidades afectivas implícitas no traballo/relación en parellas…ceder,compartir, axudar, colaborar, propoñer, respectar… 

                                                                                              

                                                  ¡¡ TRABALLANDO EN PARELLAS  !!  

    

 

        

O mundo ao revés…

Jueves, noviembre 18th, 2010

Perrault, os irmáns Grimm, Bruno Bettelheim, Rodari… e infinidade de autores que escribiron, reescribiron, interpretaron, adaptaron… o conto clásico de Carapuchiña Vermella  do que podemos atopar dende interpretacións freudianas e críticas referidas as alusións á violencia de xénero ata as diferentes versións que presentan  editoriais actuais  nalgunhas propostas recentemente publicadas. 

Nós tamén este ano sentimos interese ,curiosidade e vivimos con emoción este conto. Pero a versión do conto que atopamos na nosa biblioteca remataba cun final moi pouco afortunado “…e o cazador…a fina pel do lobo”…versión que fixo saltar a voz de alarma de alguén da nosa comunidade educativa moi sensible co respecto á Natureza ¿Como podíamos tolerar ese final ?

Certamente era necesario reflexionar sobre este tema, se realmente estamos a traballar no Programa Voz Natura…  ¿como queda o lobo en toda esta historia?… ¿como podemos transmitir a idea de que o lobo é un inimigo…? Así que era necesario repensar de novo este conto clásico, agora dende unha perspectiva máis respectuosa, dende… ¿ a perspectiva do lobo?…

E alguén fíxonos chegar unha versión do conto dende esta perspectiva que todos os nenos e nenas asumiron moi  facilmente. E apuntamos incluso outras ideas “mellor que o lobo axude a buscar cogomelos”...e xogamos a lobos que vivían no seu hábitat e que consentían que unha nena, pedindo  permiso, collera cogomelos no bosque…E xogamos. E piden unha e outra vez xogar a lobos.

 ¡ É posible mudar  as historias…¡  ¡É necesario reflexionar de maneira continuada e crítica sobre a práctica educativa, sobre os valores que estamos a transmitir¡

O meu agradecemento a quen me axudou a  reflexionar dende unha perspectiva diferente… Aínda non sei se a rectificación foi suficiente e adecuada. Quédome máis tranquila pensando que, polo menos, dende esta perspectiva o cambio de rol asignado aos personaxes dos contos axuda á superación do necesario medo infantil.  A modo de desculpas gustaríame compartir o tema interpretado por Paco Ibañez “ El lobito bueno”. Grazas   

embedded by Embedded Video

Cogomelos, sen castañas…

Lunes, noviembre 15th, 2010

Non é a primeira vez que nos sucede. Cando temos prevista a celebración dunha festa ou unha saída as predicións metereolóxicas empéñanse en modificar a nosa programación. Non puidemos celebrar o Magosto e aínda non sabemos se vai ser posible… Mentres tivemos que conformarnos con observar nas proximidades da escola algúns exemplares de cogomelos. 

A idea de incorporar cogomelos a nosa exposición do outono pareceunos moi acertada. Parecía moi fácil con masa de modelar. Comezamos a nosa representación da realidade …Pero, ¿que sucedía?  ¡ non era posible manter en pé os cogomelos !… ou o pé demasiado delgado ou demasiado groso, ou o sombreiro demasiado grande ou demasiado pequeno… ¡ Unha cuestión de equilibrio¡… Alguén protestou dicindo: ¡Que complicado ! …

Alguén de catro anos observando as experimentacións que realizaban os de 5 chegou a unha conclusión ¡hai que facer así, darlles uns golpiños abaixo para que non se caia… ¡ De pronto, na clase tivemos un experto,  o encargado de explicarlle aos seus compañeiros, especialmente aos de 3 anos, as diferentes variables a ter en conta para poder manter en equilibrio os cogomelos…

Diante de tanta dificultade eu preguntei..¿Como é posible que os cogomelos que vemos fóra non se caian e poidan manterse en equilibrio…? A resposta foi contundente 

¡Profe…que os de fóra son de verdade…¡

Está moi clara a crenza de que a Natureza é moi sabia.

  ¡ O ensaio e o erro formando parte da aprendizaxe !  A vantaxe dos grupos heteroxéneos¡ …  De novo…

        ¡Aprender a aprender!  

 

                         

Para mamá

Lunes, mayo 3rd, 2010

Cando se trata de facer un regalo para mamá resulta sempre fácil atopar ideas. Nós recollimos a poposta que nos fixo Carmina o curso pasado.

¡Felicidades¡

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O Souto e a Biodiversidade

Jueves, diciembre 17th, 2009

Despois de observar, recoñecer e clasificar as follas dos castiñeiros…na saída ao Xirimbao continuamos co proceso de aprendizaxe:identificación dos castiñeiros, recoñecemento da vexetación neste hábitat, reconto de animais…

Para rematar este proceso realizamos a “representación” do souto con diverso material: follas, cartón de caixas, botellas de leite, plastilina…Pintamos os castiñeiros, clasificamos e pegamos as follas recollidas na saída,realizamos animais e cogomelos con plastilina pintada…e representamos o souto.

Avanzamos deste xeito na comprensión do concepto de “biodiversidade” e na capacidade de representación, neste caso a través da expresión plástica, da realidade…Seguindo deste xeito a proposta de Amparo Escamilla, Barcelona 2009. 

 embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

“Al tiempo que el alumno lleva a cabo la observación y realiza el análisis por asociaciones que hace factible su aproximación ordenada a la realidad,  el profesor debe facilitarle y sugerirle formas de expresión que le permitan desarrollar sus capacidades comunicativas y expresivas. Son las siguientes (exp. corporal, plástica,musical, lingüístico-verbal, expresión matemática). Evidentemente, la expresión y comunicación adecuada y eficaz por medio de los distintos tipos de lenguaje… es una forma de funcionalización y aplicación (referente competencial) que exige representación… Recordemos que los lenguajes no son solamente vehículos de comunicación, son también vehículos de representación mental ”

(Las competencias en la programación de aula. Amparo Escamilla González. Barcelona 2009) 

Claves de identificación das follas

Lunes, noviembre 30th, 2009

Continuamos avanzando en dúas ideas:

  • As actividades medioambientais deben estar integradas no currículo e polo tanto é necesario propoñer actividades nas aulas xa que as condicións metereolóxicas imposibilitan realizalas no entorno natural durante moitos días do curso escolar  .
  • É necesario realizar  varias propostas de actividades para avanzar en conceptos de certa complexidade para o alumnado de Educación Infantil.

Logo de ter realizado na aula as actividades de estampado de follas e observar que o criterio da cor era o máis relevante para o alumnado realízase unha proposta na aula na que este criterio non sexa relevante co fin de posibilitar que poidamos centrar a nosa atención noutros criterios de clasificación. Esta actividade realizouse previamente a saída “O XIrimbao”

OBXECTIVO DA ACTIVIDADE:  

Iniciarnos no manexo das claves de identificación para recoñecer e diferenciar as follas dos castiñeiros.

MATERIAIS:  

Follas verdes de castiñeiro (achega dun neno para  a exposición do centro) de diferentes tamaños.

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES:

Actividades realizadas en gran grupo: 

  • Observar as follas e diferenciar: limbo,pecíolo, nervio principal e nervios secundarios.
  • Observar e describir o tipo de bordo e identificala coma folla dentada. 

Actividades realizadas en parella:

  • Clasificar as follas atendendo ao criterio do tamaño
  • Realizar series atendendo a diferentes criterios: tamaño, orientación…

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Estampado de Follas

Jueves, noviembre 12th, 2009

A semana pasada saímos do cole para comprobar se chegara o outono. Efectivamente, as follas das árbores xa tiñan cores diferentes e xa puidemos coller as que caeran ao chan para comezar a nosa exposición. Logo cada quen foi traendo follas diferentes da súa casa que se foron tamén incorporando á exposición.

Pola tarde realizamos o “estampado” de follas con pinceis,pinturas e rolos. Logo chegou o momento da reflexión ¿As follas que pintamos son diferentes? Siii… a resposta foi contundente. E ¿por  que son diferentes? Porque unhas son verdes, outras amarelas, outras vermellas, outras marróns… O criterio da cor era o único que se tiña en conta despois de preguntar unha e outra vez en que se diferenciaban as follas…

Neste curso pretendemos iniciarnos no manexo das claves de identificación das follas. Logo de ter realizado esta actividade parece que é necesario realizar propostas nas que poidamos ter en conta outros criterios de clasificación diferentes da cor.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd