Puxemos en marcha o noso composteiro e preparando o bancal destinado ao xardÃn de bulbos atopamos un sapo… plantamos os bulbos, fixemos a reposición de plantas,..
Actividades todas elas para recordar xa que as duras condicións metereolóxicas destes dÃas e as que probablemente nos esperan nos próximos meses dificultarán a realización de actividades medioambientais no exterior.
¿Teremos que agardar a primavera para seguir con este tipo de actividades ?…
Non puidemos, neste curso, ter un peor remate do 2º trimestre. Conseguiron que tiveramos que suspender a celebración do DÃa Forestal Mundial, conseguiron que o coello de Pascua non puidera chegar a tempo, conseguiron deixarnos sen todo o equipamento informático, conseguiron que os nenos e nenas se pregunten unha e outra vez se pode suceder de novo e as razóns polas que desbarataron a nosa escola, conseguiron o noso desánimo, a indignación colectiva … e a preocupación de toda a comunidade educativa. Razóns máis que suficientes para non ter ánimos para rematar o trimestre desexando ¡Felices Festas¡…
Realmente o único que fixen foi observar os seus descubrimentos e advertir dos aspectos sanitarios ¡ o xeo que collemos na neveira de casa está limpo¡  pero ao tempo non puiden deixar de preguntarme ¿ os nenos e as nenas non estarán deste xeito dando pistas para enfocar o proxecto do próximo curso do Programa Voz Natura “O poder da gota”.? Ao mellor foi porque no correo acababa de chegar a convocatoria da decimo cuarta edición do Programa Voz Natura. Xa estamos pensando no tema e buscando ideas. Agardamos as túas suxestións e propostas para deseñar o proxecto do próximo curso. Se queres implicarte podemos deste xeito presentar un proxecto aÃnda máis compartido.
Neste primeiro trimestre, deste novo curso, retomamos o traballo iniciado o ano pasado nas tres zonas destinadas as actividades medioambientais no patio escolar: a horta, o viveiro e o xardÃn.  Â
Logo do verán foi necesario limpar as xardineiras e descubrimos:
no viveiro: os castiñeiros e carballos seguen medrando e somos quen de diferencialos atendendo ao bordo das follas.
no xardÃn: recoñecemos os bulbos que xa están timidamente asomándose e recordamos as implicación afectivas co noso xardÃn.  Â
na horta: de momento recordamos o fracaso do ano pasado ¡nen unha triste cenoria¡ e a ilusión da colleita deste ano.    Â
Antes das vacacións da Pascua xa comezamos a traballar no mural da primavera: primeiro os castiñeiros tiñan que recuperar as súas follas, logo fomos engadindo xoaniñas, bolboretas…Foi nese momento cando os pequenos da clase comezaron a mostrar interese polas xoaniñas que debuxaban ¡os maiores¡ (5 anos).
Foi esta a motivación para “estudiar en profundidade” ese diminuto ser vivo.
¡na parada do autobús hai moitas xoaniñas porque hai moita herba¡Â
E entre todos decidimos buscar o sitio máis adecuado ¡nas xardineiras das fresas NON que come as fresas¡ ¿e si a puxeramos na xardineira dos carballos e dos castiñeiros? … mellor no xardÃn dos bulbos que ten moitas flores e malas herbas….
Hoxe Ana trouxo outra xoaniña porque a súa avoa viuna nunha pata dunha silla no xardÃn. Trasladamos a xoaniña o xardÃn dos bulbos, pero a que trouxera Alejandra xa non estaba…
Agora cando saÃmos ao recreo comprobamos de cando en vez se a xoaniña segue no noso xardÃn. Pouco a pouco imos facendo a relación doutros seres vivos que habitan o noso xardÃn: unha araña, un caracol…
Posiblemente para os nenos e nenas sexa establecer conexións entre dúas aprendizaxes significativas, o xardÃn e as xoaniñas, coas que xa teñen establecidas fortes vÃnculos afectivos…
Despois de ler o artigo da Pascua no blog, onde a mamá de Dani nos explicaba a tradición dalgúns paÃses europeos, decidimos invitala á aula de Educación Infantil.Â
Escoitamos con atención os preparativos que fan os nenos doutros paÃses para recibir a visita do coello da Pascua.
Logo contounos  un  conto, axudounos a pintar os ovos… e comimos un biscoito.
En moi pouco tempo chegamos a unha conclusión moi contundente: Claro… o coello da Pascua nunca nos visitou porque nós non tiñamos xardÃn. Ao mellor este ano…¡como temos un xardÃn… !
E da mesma maneira que preparamos a visita de Papá Noel… decoramos a clase agardando a visita do coello da Pascua.
E a mañá seguinte…¡ SÃÃÃÃ..! Veu o coello de Pascua e deixounos unha bolsiña cun ovo e larpeiradas de chocolate…E ademáis puidemos comprobar que pasara por alà porque no xardÃn dos bulbos
Pois ben, algunhas flores, como as da Dama de Noite, son moi sensibles ó frÃo da noite e por iso se cerran para protexerse. É como se puxeran unha “chaqueta” para abrigarse.