Entradas para la categoría ‘O viveiro’

A horta, O viveiro, O xardín…reiniciando

Lunes, diciembre 21st, 2009

Neste primeiro trimestre, deste novo curso, retomamos o traballo iniciado o ano pasado nas tres zonas destinadas as actividades medioambientais no patio escolar: a horta, o viveiro e o xardín.   

Logo do verán foi necesario limpar as xardineiras e descubrimos:

  • no viveiro: os castiñeiros e carballos seguen medrando e somos quen de diferencialos atendendo ao bordo das follas.
  • no xardín: recoñecemos os bulbos que xa están timidamente asomándose e recordamos as implicación afectivas co noso xardín.   
  • na horta: de momento recordamos o fracaso do ano pasado ¡nen unha triste cenoria¡ e a ilusión da colleita deste ano.     

As condicións climatolóxicas deste primeiro trimestre: a choiva, o frío…e tamén outras causas como a gripe, a varicela…foron as únicas responsables de non poder dedicar o tempo necesario as tres zonas de traballo porque a ilusión non nos falta. 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Carballos e castiñeiros no viveiro forestal

Miércoles, mayo 27th, 2009

Este curso, no mes de outubro, comezamos a construción de seis  xardineiras das cales dúas, serían destinadas ao viveiro de plantas forestais. 

O proceso no viveiro foi moi lento ao tempo que moi interesante. A axente forestal, Ana, colaboradora no noso proxecto medioambiental realizou unha extraordinaria planificación e secuenciación de actividades e contando co seu asesoramento: falamos das sementes, recollímolas no “Areeiro”, seleccionámolas, estratificámolas, gardámolas durante 5 meses nun sitio escuro,fresco e seco, sementámolas… e despois de agardar,agardar e agardar…

 ¡moitas xermolaron, agromaron e medraron¡

 e…

¡ xa por fin, puidemos observar os diminutos carballos e castiñeiros no viveiro¡  

E agora, no mes de maio, xa puidemos contar os castiñeiros e os carballos que están a medrar no viveiro forestal e xa soubemos diferencialos pola forma da folla: as dentadas dos castiñeiros e as lobuladas dos carballos… Iniciándonos deste xeito no manexo das claves de identificación, proceso que terá continuidade .

O próximo curso teremos que plantar os carballos e os castiñeiros no lugar axeitado.

Por iso, agora pode ser o momento de recoller en imaxes o proceso…probablemente o remate do traballo no viveiro forestal neste curso poida ser o punto de partida do próximo proxecto medioambiental. 

Probablemente o próximo curso teremos que recordar…

 embedded by Embedded Video

YouTube Direkt
  

As castañas están durmindo

Domingo, marzo 1st, 2009

 Ana, a “coidamontes” (axente forestal colaboradora no noso proxecto) explicounos que as castañas son sementes.   No outono recollimos moitas e fixemos a ES TRA TI FI CA CI ÓN

 ¡¡¡SSSHHH…¡¡¡ …as castañas aínda están durmindo pero falta moi pouco para que chegue a primavera. ¿teremos que despertalas?

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

 

ojd