Superado o perÃodo de adaptación dos máis pequenos, creando hábitos, consolidando rutinas … Agora si, xa estamos preparados para comezar o novo proxecto medioambiental deste curso.
Revisamos a programación do Proxecto e recollemos un dos obxectivos fundamentais que pretendemos neste curso:
Asà retomamos o traballo onde o deixamos o curso pasado … Pero a volta das vacacións atopámonos cun novo elemento ¡non previsto na programación! ¡¡un lagarto¡ disposto a compartir con nós experiencias de aprendizaxe “… ¿Será unha boa maneira de comezar?…
Agardamos as vosas propostas porque dos lagartos sabemos moi pouco ¿Saben nadar, …? ¿Que comen…?
Continuamos avanzando no proxecto medioambiental deste curso. Xa está practicamente rematada a construción “do estanque” . Pero observando como se moven e sitúan os nenos e nenas diante deste novo espazo no patio escolar, temos que adoptar algunhas modificacións que permitan ter en conta a necesidade dos nenos e nenas de tocar, de mirar, de aproximarse ao novo elemento: a auga…en definitiva dar resposta a súa curiosidade.
Inicialmente no proxecto isto non estaba previsto pero se pretendemos que este espazo se transforme nun espazo de observación, experimentación e reflexión con diferentes elementos da Natureza temos que permitir que este espazo sexa facilmente accesible aos nenos e nenas.
Agora só falta incluÃr esta nova proposta e instalar a bomba. Actuacións que realizará a brigada proximamente. Despois de Entroido faremos a saÃda “O Areeiro” para recoller especies (coa autorización do Servizo de Conservación da Natureza da ConsellerÃa de Medio Ambiente) para asà dar por rematado neste curso a “representación” no patio escolar do ecosistema do val fluvial do rÃo Ulla con diferentes especies representativas da flora e fauna.
No proxecto medioambiental deste curso pretendemos poñer en valor o entorno natural próximo ao noso centro escolar ” O Areeiro” situado nos lÃmites do Sistema fluvial Ulla-Deza, incluÃdo na Rede Natura 2000 como zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) e lugar de interese comunitario (LIC). Polo que xa temos programadas unha serie de actividades encamiñadas a “redescubrir” co alumnado e a comunidade educativa este entorno coa finalidade de coñecer e valorar a biodiversidade dos sistemas de auga doce.
No proxecto deste curso 08/09 acondicionamos unha zona de paso no patio escolar que estaba revestida en cemento con 6 xardineiras de gran tamaño co fin de dispor de 3 zonas de traballo: