Entradas para la categoría ‘Competencia aprender a aprender’

Cogomelos, sen castañas…

Lunes, noviembre 15th, 2010

Non é a primeira vez que nos sucede. Cando temos prevista a celebración dunha festa ou unha saída as predicións metereolóxicas empéñanse en modificar a nosa programación. Non puidemos celebrar o Magosto e aínda non sabemos se vai ser posible… Mentres tivemos que conformarnos con observar nas proximidades da escola algúns exemplares de cogomelos

A idea de incorporar cogomelos a nosa exposición do outono pareceunos moi acertada. Parecía moi fácil con masa de modelar. Comezamos a nosa representación da realidade …Pero, ¿que sucedía?  ¡ non era posible manter en pé os cogomelos !… ou o pé demasiado delgado ou demasiado groso, ou o sombreiro demasiado grande ou demasiado pequeno… ¡ Unha cuestión de equilibrio¡… Alguén protestou dicindo: ¡Que complicado ! …

Alguén de catro anos observando as experimentacións que realizaban os de 5 chegou a unha conclusión ¡hai que facer así, darlles uns golpiños abaixo para que non se caia… ¡ De pronto, na clase tivemos un experto,  o encargado de explicarlle aos seus compañeiros, especialmente aos de 3 anos, as diferentes variables a ter en conta para poder manter en equilibrio os cogomelos…

Diante de tanta dificultade eu preguntei..¿Como é posible que os cogomelos que vemos fóra non se caian e poidan manterse en equilibrio…? A resposta foi contundente 

¡Profe…que os de fóra son de verdade…¡

Está moi clara a crenza de que a Natureza é moi sabia.

  ¡ O ensaio e o erro formando parte da aprendizaxe !  A vantaxe dos grupos heteroxéneos¡ …  De novo…

        ¡Aprender a aprender!  

 

                         

Con moito sentido crítico…

Martes, octubre 26th, 2010

O pack de benvida do ProgramaVoz Natura sempre é acollido na escola con moita expectación.

Primeiro buscamos un espazo para expoñer os materiais que  recibimos. Logo, aínda co recordo do cartel da edición anterior… ¡os elefantes, os monos…arredor do Planeta Terra ¡encantounos!… dedicamos unha sesión o cartel deste curso.

Sentados en roda, observando o cartel, formulei unha serie de preguntas :¿Que vos parece este cartel?…  Esa pinga ¿meterase no bote…? ¿Que teremos que traballar neste curso..?…

Deste xeito pretendía  (aínda que xa estaba iniciado na aula o traballo sobre o ciclo hidrolóxico) comprobar se o alumnado tería a capacidade de interpretar o significado do cartel e en consecuencia a capacidade de descubrir o obxectivo fundamental do traballo medioambiental deste curso.

As respostas do alumnado de Educación Infantil non se deixaron esperar:

“Pois, moi mal… porque así esa pinga  cae no bote… non pode facer o ciclo hidrolóxico…”
 
“Non,… esa pinga quere meterse no bote porque así non se perde coma a pinga “Plaf” e así pode estar coas súas amigas…”
 
“Non,… meteron as pingas nun bote porque queren ir de acampada a un sitio onde non hai auga e así poden levar auga no bote..”
 
“Non ,non… os de Voz Natura equivocáronse…non é un bote par meter auga,  é  un bote para aforrar cartos…”    
 
“Nós non debuxaríamos as  pingas nun bote senón no ciclo hidrolóxico”  
 

E así chegamos a idea de “AFORRAR”… ¡¡ AUGA¡¡ e comezamos a verbalizar algúns hábitos na nosa vida cotiá que contribúen a acadar este obxectivo.

Sabemos que o cartel “ O poder da gota” representa o traballo de todo o equipo de Voz Natura, de todos e cada un dos centros participantes, do profesorado, alumnado, asociacións e comunidades educativas…. implicados e implicadas no proxecto deste curso…

Pero o noso atrevemento con esta proposta, emitindo opinións, discrepando e incluso sentíndonos coa “capacidade” de facer un cartel diferente, está na idea de que o desenvolvemento das competencias básicas no currículo debe implicar, necesariamente, un cambio de rol do mestre que permita crear situacións de aprendizaxe afondando nos procesos de aprendizaxe fronte á acumulación de coñecementos,…”a competencia de aprender a aprender”     

“ Aprender a aprender…significa ser consciente do que se sabe é do que é necesario aprender,de como se aprende e de como se xestionan e controlan de forma eficaz os procesos de aprendizaxe,..”
  (Competencia para aprender  a aprender, pax 195)
(Lexislación da Educación Infantil en Galicia. Xunta de Galicia)

Agardamos pois, sexa entendida e tal vez tamén compartida con vos esta actividade proposta dende a perspectiva da aprendizaxe significativa e o desenvolvemento das competencias básicas na Educación Infantil. 

ojd