Os Muíños de Río
Lunes, noviembre 8th, 2010Comezamos o proxecto deste curso” Auga: ciclos de vida” do Programa Voz Natura co conto dunha pinga de auga que chegaba ao río Ulla para introducir o concepto de “ciclo hidrolóxico” .
Facer o mesmo percorrido da pinga dende o regueiro ata o río Ulla pasando por Xoane (aldea da parroquia de Carcacía) sería o noso obxectivo na saída medioambiental.
Nos debuxos, cando fixemos a representación do conto, apareceu un elemento que recordaban das saídas realizadas o curso pasado: o muíño de río.
Foi nese momento cando decidimos incluír ese novo elemento ¡non previsto na programación! na saída que xa estabamos organizando. Vídeos, imaxes de muíños de río, debuxos, conversas…foron algunhas das actividades previas á saída.
Na saída seguimos o regueiro ata chegar a aldea de Xoane, logo alguén dixo ¡O MUÍÑO DE RÍO¡ ¡ATOPEINO¡… E descubrimos con Ana, a axente forestal colaboradora no noso proxecto, as pedras onde a xente pousaba os sacos de grán cando chegaban ao muíño. E este descubrimento foi motivo de moitos recordos, emocións… dos pais e nais que nos acompañaban na saída…
Logo, alguén díxonos que se chamaban “as pedras do pouso do muíño” pero buscando máis información tamén atopamos as chamadas “ pedras de asento“… ¡ non o temos nada claro¡ Pero seguro, que aínda atoparemos a alguén que poida compartir con nós as súas emocións e poida explicarnos todo isto …E como nos muiños xurdiron cancións, refráns, contos e ata unha danza: a muiñeira… un anaquiño para recordar…
“Na porta daquel muíño,
hai dúas pedras de asento:
unha é para namorar
e outra para pasar o tempo”