Entradas para la categoría ‘Biodiversidade’

Ano 2011 ¿Novos propósitos?

Lunes, enero 10th, 2011

No comezo dun novo ano, na nosa sociedade, é habitual facer o balance do ano anterior e o listado de novos propósitos para o novo ano. Dende esta perspectiva, na que todo parece comezar e rematar nun determinado momento, non se contemplan os procesos como parte importante da evolución persoal, emocional, profesional, social… Algo disto tamén parece suceder en educación xa que con demasiada frecuencia utilizamos no momento de facer balance as dicotomías: sabe/non sabe, aprende/non aprende, xa sabe ler/non sabe ler…

Nós tamén queremos facer unha valoración do ano 2010 pero centrada  nos procesos de ensino aprendizaxe, nas emocións, na participación da comunidade educativa…No ano 2010:

  • O CEIP de Pousada Carcacía participa por 2º ano no Programa Voz Natura. Pouco a pouco e de maneira progresiva realizando pequenas iniciativas na Ed, Medioambiental.Formando parte da comunidade educativa do Programa Voz Natura e aprendendo de moitos centros con gran experiencia  que levan adiante proxectos de gran envergadura medioambiental con enorme proxección social.
  • Seguimos avanzando na idea de integrar a Ed. Medioambiental no currículo.
  • Continuamos creando zonas no patio escolar que posibilitan o traballo de diferentes aspectos da Natureza.
  • Avanzamos na metodoloxía do traballo por proxectos que favorecen a aprendizaxe significativa e contribúe ao desenvolvemento das competencias básicas.
  • Consolidamos de maneira progresiva o blog coma ferramenta que posibilita a comunicación, a participación e a reflexión pedagóxica coa comunidade educativa.
  • Reinventamos fórmulas que favorecen a participación das familias, de toda a comunidade educativa no entorno máis inmediato.

E si tiveramos que escoller un proxecto do ano 2010 no que puideramos reflexionar sobre todos estes procesos escolleríamos Os Inuit . Un traballo do que xa fixemos moitas referencias no blog, pero que non parecía xusto, xa rematado o ano 2010, que as imaxes quedaran esquecidas nas profundidades do disco duro ou da tarxeta de vídeo. Sabemos que non contamos co espazo máis axeitado, nos temos os medios nen estamos en condicións de manexalos mellor, pero con estas imaxes a nosa pretensión só é a de reflexionar en voz alta en relación a : os procesos implicados na aprendizaxe escolar,  implicación das familias na escola, sensibilización da comunidade educativa na Educación Medioambiental…

          embedded by Embedded Video

YouTube Direkt                                                                                                                                                    embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 ¿Un desexo para o ano 2011?  Seguir avanzando en todos os procesos xa iniciados sen perder de vista o camiño percorrido e sabendo que aínda queda moito por facer para construír unha escola aberta, participativa, sensibilizada e comprometida coa sociedade para dar resposta as graves ameazas medioambientais que estamos a provocar no Planeta Terra.

E ti… ¿como o ves…?…  ¿Queres compartir os teus novos propósitos para o ano 2011 con nós…?

¡ FELIZ    ANO   2011 !  ¿CHEO DE NOVOS PROPÓSITOS?

 

Outra maneira de vivir

Jueves, marzo 4th, 2010

Despois desta prolongada pausa no blog, necesaria para recuperarse da intensa actividade de toda a comunidade educativa no Entroido, é tempo agora de recompilar e reflexionar en relación as actividades realizadas nestas últimas semanas…

Avanzar no concepto de biodiversidade implica tamén caer na conta de que non só os animais e as plantas conforman os diferentes hábitats senón que tamén a maneira de vivir das persoas, dos pobos, a súa alimentación, a forma de vestirse, as súas tradicións …adáptanse as características dese hábitat. E tamén sucede con frecuencia que son  as persoas, os pobos, ao mesmo tempo, é en demasiadas ocasións, os que provocan a destrución dos hábitats, os responsables da contaminación, da extinción de animais… No caso dos inuit sucede que son o primeiro pobo ameazado polo cambio climático…Cómpre pois unha reflexión colectiva en relación a todos estes temas.

En Educación Infantil é necesario utilizar diferentes recursos e diferentes modos de representación (a través do debuxo, da expresión corporal, do xogo…) para poder achegarse e comprender conceptos dunha enorme complexidade “biodiversidade” ” hábitat” “animais en perigo de extinción..” e así , a motivación. o interese,  as implicacións afectivas… provocan a aprendizaxe, o coñecemento e a capacidade de emocionarse cos proxectos de traballo na aula.

Foron moitas as propostas de traballo na aula para coñecer o pobo inuit, entre outras…

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

“INUIT”

Martes, enero 26th, 2010

A neve, a choiva, a alerta de temporal, o frío… seguimos a ter moi poucas posibilidades para avanzar no proxecto medioambiental no noso entorno máis inmediato… Ao mesmo tempo continuamos apostando por dúas ideas claves: 

  • As actividades medioambientais deben estar integradas no currículo e polo tanto é necesario propoñer actividades nas aulas xa que as condicións metereolóxicas imposibilitan a súa realización no  entorno natural durante moitos días do curso escolar.
  • É necesario realizar propostas de actividades que permitan avanzar en conceptos de certa complexidade para o alumnado de Educación Infantil.

A estas dúas premisas aínda temos que engadir, neste momento do curso escolar, unha terceira ¡estase achegando o Entroido¡ un tempo no que nos está permitido transformarnos coa imaxinación e a axuda dos disfraces naquelo no que esteamos dispostos. Nós a volta das vacacións de Nadal aínda tiñamos moi presente, posiblemente polo intenso frío e a neve, o osiño polar amigo de Papá Noel e polo tanto as implicacións afectivas non nos permitían aínda abandonar o Polo Norte…  polo que a  proposta de transformarnos en esquimós foi moi ben acollida. 

O primeiro que fixemos foi o listado das fontes onde buscar información: contos, libros, internet, fotos, películas… E así chegamos a descubrir os inuit

E nisto andamos enredados e implicados toda a comunidade educativa: facendo disfraces, preparando decorados, recompilando música, buscando información  dos osos  polares, das focas, ¿e como se fai un iglú?…   

¿ avanzaremos deste xeito na comprensión dos conceptos de biodiversidade, cambio climático, especies en perigo de extinción…?

Claro que non  somos  os primeiros, nen seremos  os últimos, en interesarnos  neste tema. Xa atopamos outros centros educativos que no seu día escolleron este proxecto de traballo o que nos anima a seguir buscando información para emocionarnos con historias coma estas…  

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O coñecemento e  a comprensión do que está a acontecer no Polo Norte, a sensibilización de toda a comunidade educativa en relación aos conceptos de biodiversidade, cambio climático, especies en perigo de extinción… e a posta en valor do patrimonio biolóxico máis próximo ao noso entorno escolar será a pequena achega do CEIP de Pousada Carcacía para sumarse á celebración do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica.

O ZOO, EXEMPLO DE BIODIVERSIDADE

Viernes, octubre 30th, 2009

zoo

 

A semana pasada o meu fillo Dani veu dicindo que xa chegara á escola o material de Voz Natura pero non sabía moi ben o que quería dicir a palabra “ biodiversidade”. Eu expliqueille que “bio” significa vida, entón biodiversidade refírese ás múltiples e diferentes especies viventes. Enseguida se dou conta de que o zoo é un exemplo disto porque cando estivo no verán no zoo, puido comprobar cómo diferentes animais convivían nun hábitat semellante aínda que cada especie tiña características propias e comportábase de xeito diferente, por ejemplo, Dani recorda que cando comezaba a facerse de noite os monos subíanse a unha rama e situábanse uns ó caron dos outros formando como unha piña para durmir todos xuntiños; mentras que os leóns e os tigres, que estiveran durmindo todo o día, empezaban a moverse e estar activos.

Que fácil de entender é isto da biodiversidade!

O cartel da 13ª edición de Voz Natura, un cartel motivador

Lunes, octubre 19th, 2009

O noso compromiso volver en setembro, as nosas posibilidades facelo en outubro. Xa sabedes que é necesario poñer en marcha moitos temas no comezo do curso.

Pero agora sí, xa estamos en disposición de retomar o noso proxecto medioambiental e tivemos que facelo a  semana pasada.

Todo comezou cando escoitamos o timbre…¿ a ver se é  Papá Noel ?  preguntaron algúns. Nooon, ¡ é un paquete¡ ¡que bonita esta caixa¡…E tivemos que abrila.

O primeiro que sacamos da caixa foi o cartel da 13ª edición do Programa Voz Natura. ¡ É de Voz Natura¡ E fixémonos a primeira pregunta ¿e logo que será o que temos que “estudar” este curso. ¡ Pois os elefantes¡ respondeu alguén de maneira moi contundente ¡e os tigres e os monos¡

Nese momento Ana abre moito os ollos e sinalando o cartel afirma ¡nooon, 0 PLANETA TERRA¡ ¡ ESE É O PLANETA TERRA¡

Tivemos que deixar o tema porque era xa a hora de saír pero evidentemente  foi  necesario retomalo tal foi  a expectación que o cartel provocara.

Pola tarde, sentámonos en roda arredor da caixa, e fomos sacando pouco a pouco o material, observando, escoitando,opinando…evocando…

 Voz Natura-festa-sementes-axente forestal-visita do coello – bulbos…

¡xa temos unha historia e xa temos comezada a nosa andaina na educación medioambiental¡

E caemos na conta ¿pero que imos facer este ano para levar á festa de Voz  Natura se en Carcacía non hai elefantes? Pois nada, temos que escribirlle unha carta aos amigos e amigas de Voz Natura e dicirlle que nós en Carcacía non temos elefantes,  pero temos:  ovellas,lagartos ,xoaniñas,bolboretas,arañas,paxaros, caracois, cans pequenos…

Pero no cartel tamén aparecen árbores e plantas. Pois nada, nós tamén temos árbores,flores bonitas,moitas raíces,follas puntiagudas  e das que non son puntiagudas “das normais,” follas pequenas e follas amarelas…

¿Estaremos deste xeito aproximándonos ao concepto da biodiversidade?…

O alumnado  descoñece neste momento do curso que nos agarda o redescubrimento dun tesouro en Carcacía ” a biodiversidade do Sistema-Fluvial Ulla-Deza”.

¡BO CURSO MEDIOAMBIENTAL ¡ BENVINDA A TODOS E TODAS¡

¡ ACOMPAÑÁDENOS  A REDESCUBRIR O TESOURO¡   ¡A TREVÉDEVOS A PARTICIPAR NO BLOG¡   

   ¡AGARDAMOS AS VOSAS PROPOSTAS,OPINIÓNS, COMENTARIOS, EMOCIÓNS…¡

ojd