Entradas para la categoría ‘Auga’

Carta para os amigos “piratas”de Cervantes Lugo

Lunes, mayo 2nd, 2011
 Como xa sabedes estivemos navegando polo océano Pacífico e chegamos a illa Palau.

Despois de sufrir os efectos da contaminación descubrimos dous grandes tesouros: a amizade e auga da fonte da vida.

Nós queriamos levar esta auga ata África, pero por diversos motivos non nos foi posible emprender esa viaxe.

Sabemos que a vosa tripulación, cada día máis numerosa e entusiasta, partirá proximamente rumbo a África para levar adiante unha importante misión: a dotación dun “tesouro solidario” para axudar a construír un pozo.

Os piratas de Calabrote do CEIP de Pousada Carcacía en Padrón queremos compartir con vos estes dous grandes tesouros que atopamos na illa Palau.  

Nestes días recibiredes un cargamento con un agasallo ( un cabaliño de mar e unha medusa) do océano Pacífico. A nosa intención é que poidades levar algunha pinga de auga do voso proxecto solidario ata África en nome da tripulación de Calabrote.  

Proximamente, como tamén sabedes, toda a tripulación do Programa Voz Natura estamos convocados ao gran evento que se celebrará no lugar denominado Acea de Ama, en Culleredo . O  4  de xuño partiremos rumbo ao Océano Atlántico con destino á  

¡ ¡ ¡ FESTA DE VOZ NATURA ! ! !

¡Camaradas, agárdanos, de novo, unha gran aventura !  

Dende un lugar chamado Padrón con moita vinculación ao río Ulla,a tripulación do CEIP de Pousada Carcacía deséxavos que teñades moito éxito no voso proxecto solidario en África.  

¡Ata pronto amigos!  

Asdo.:Piratas de Calabrote.Tripulación do CEIP de Pousada Carcacía.  

Piratas Solidarios

Jueves, abril 14th, 2011

Xa temos as imaxes da longa travesía polo océano Pacífico. Como sabedes, estamos moi empeñados en mudar as historias  por iso os piratas de Calabrote son piratas solidarios …

 ”…Despois dunha vida repleta de abordaxes e saqueos decidiron vivir tranquilamente na illa Palau. A noitiña organizados en grupos de recoñecemento dos diferente lugares da illa (a praia das tartarugas,  a lagoa das ras, o acantilado…)  protexían e vixiaban os animais en perigo de extinción…

Os piratas encargados de vixiar os tesouros, moi apampados por beber auga contaminada, traizoaron aos seus camaradas…Os piratas traidores, cando xa non estaban baixo o efecto da contaminación , sentíronse profundamente avergoñados e bastoulles un grolo de auga limpa e fresca da fonte da vida para  caer na conta de que non podían seguir mantendo a súa traizón. De súpeto notaron unhas estrañas palpitacións no seus corazóns e foron en busca dos cofres que tiñan agochados.

Cando regresou a tripulación,  os piratas arrepentidos contaron todo o sucedido…  Os seus camaradas non tardaron en recoñecer o seu arrepentimento e darse conta dos efectos que a contaminación pode producir. Dende aquel día, a tripulación de Calabrote  protexe dous grandes tesouros: a amizade e a auga da fonte de vida.

Esa mesma noite organizaron unha gran festa pirata nun dos seus lugares preferidos, a praia das tartarugas, decididos a emprender o día seguinte unha longa viaxe ata África para compartir os seus  grandes tesouros: a  amizade e auga da fonte de vida…”

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Celebración do Día Mundial Da Auga: cara e cruz

Martes, marzo 22nd, 2011

Neste curso, participando no Programa Voz Natura, xa temos realizado moitas actividades relacionadas coa auga: campaña de sensibilización do uso responsable da auga,  saídas e pequenas  experiencias relacionadas co ciclo hidrolóxico, cos estados e propiedades da auga…por iso dende o primeiro momento tiñamos pensado que a proposta para  celebrar o Día Mundial da Auga tiña que estar asociada cunha actividade lúdica: a festa da auga.

Pero tamén é certo que na nosa sociedade caracterizada polo consumismo en exceso asociamos festa cun gran evento, con grandes e espectaculares propostas, sen caer na conta de que en moitas ocasións os nenos e nenas de hoxe precisan e valoran moito máis outro tipo de actividades que ás veces por simples que poidan parecer teñen unha implicación afectiva extraordinaria e transfórmanse en experiencias dificiles de esquecer: un paseo con papá e mamá, xogar todos xuntos, descubrir e compartir aprendizaxes novas…

Por esta razón a nosa proposta de celebración do Día Mundial da Auga foi moi simple pero moi probablemente deixou pegada nos cativos e cativas da escola:

                           ¡¡¡ Xogar con auga:  facendo pompas de xabón !!!

A fórmula é moi sinxela ademais de ser extraordinariamente económica. O que non ten prezo son as expresións dos nenos e nenas sentíndose capaces de facer pompas grandes e compartir esta experiencia cos seus amigos e amigas. 

Pero coma sempre, a realidade imponse e na escola debe ter cabida a reflexión dos acontecementos  do noso entorno inmediato. No Día Mundial da Auga non quixemos esquecer o que está a suceder no Xapón( moi especialmente a todos os nenos e nenas)  como consecuencia do tsunami, como consecuencia dun océano enfurecido. Así que a segunda proposta para celebrar o Día Mundial da Auga foi pensar un minutiño coa  man no corazón e recordar a todos os nenos e nenas do Xapón que hoxe non son tan afortunados coma nós.

Logo buscamos na prensa  as noticias relacionadas co Día Mundial da Auga e de novo atopamos imaxes de nenos carrexando auga, en contacto con auga moi contaminada… imaxes que nos deixaron moi impresionados. Ao mesmo tempo nós estabamos recordando e facendo o debuxo que representaba a nosa festa das pompas. De novo, sentímonos moi afortunados.

O contraste, a cara e a cruz da nosa particular maneira de celebrar o Día Mundial da Auga.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

a

Rumbo ao Pacífico…

Martes, marzo 1st, 2011

Achegamos as últimas novas enviadas dende algún lugar do inmenso océano:                                                                                        

  Para acceder ao contacto cos “piratas” C.P.R Cervantes: Preme no Contrasinal

Tomando decisións…

Martes, febrero 15th, 2011

Estase achegando o Entroido e polo tanto o tempo de decidir a comparsa deste curso, aínda co recordo do pobo inuit na retina. E como neste curso a auga está sendo o tema central, propoño na aula:

- ¿ E se este ano nos disfrazáramos de ras? (Dende a perspectiva do adulto este tema sería o mais indicado atendendo a programación establecida)

- ¡Vale¡ din os pequenos da clase. Podemos saltar coma as ras…

Os maiores da clase, nin caso, non queren saber nada do tema. Así que fago outra proposta.

-Vale, os pequenos son as ras e os maiores poden ser os seus amigos os caracois, ¿imos ver o conto?

Pero nin con estas, ser un caracol tampouco entusiasma os maiores. Así que pensamos quen pode ser ra, quen caracol…Os que querían ser ras despois xa querían ser caracois…Diante desta situación de desacordos, intentos de convencer…afirmo contundentemente:Así non podemos seguir

¡temos que tomar unha decisión¡ porque senón non vai ser posible facer a festa do Entroido.

Despedímonos ata o día seguinte. Uns moi contrariados, outros moi enfadados, outros dispostos a ceder diante da profe…pero sen resolver nada.

Ao día seguinte retomamos o tema e falamos do que significaba “tomar unha decisión”.Pola miña parte eu so poñía unha condición  “ Xa que estamos a falar da auga temos que buscar algún ser vivo que poida vivir neste hábitat”

- Vale profe, pois podemos ser peixes… non mellor tiburóns…

- ¿E si fosemos piratas?

- Pero que queredes ser uns piratas malos,malísimos, atacar aos tiburóns…

- Non te preocupes, podemos ser uns piratas bos que lle dan de comer aos tiburóns. (parece que as historias ao revés foron entendidas)

E comezamos a facer o listado de cousas que temos que coñecer antes de comezar a nosa aventura: os océanos, o nome dos océanos, os mapas,…

Descubrimos ao Capitán Calabrote e o papá de Dani mandounos a historia de Mateo e os piratas… E nisto andamos, descubrindo os océanos e buscando unha illa onde quedarnos unha tempada para darlle de comer aos tiburóns…  

Tamén estamos pensando en escribirlle aos piratas do CEIP de Cervantes, uns piratas con moita experiencia na busca de tesouros.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Dúas reflexións: a necesidade de dar tempos de escoita, fomentar a capacidade crítica, a diversidade de opinións, caer na conta do que implica a toma de decisións…todos procesos interesantes que favorecen a motivación, o interese e a implicación no proceso de ensino-aprendizaxe.

ARCO DA VELLA

Martes, febrero 8th, 2011

O arco da vella é un dos fenómenos máis fermosos da natureza e aínda que non podemos disfrutar del con moita frecuencia, seguramente todos tivemos ocación de contemplalo nalgún momento.

Pero por que se chama así ?  Pois ben, para respostar a esta pregunta hai que remontarse á Antigüidade. Ó parecer ” Arco da Vella” é unha simplificación de “Arco da Lei Vella”, que fai referencia á Lei Divina, polo tanto a expresión tería orixe no Antigo Testamento segundo o cal o arco iris foi creado por Deus tralo Diluvio Universal como sinal do pacto que Deus fixo a Noé de que nunca máis volvería a destruir a Terra cun diluvio.

Hai tamén diversas historias populares que defenden outra orixe da expresión, por exemplo, os celtogalaicos e a súa área cultural pensaban que o ceo era de bóveda e que existía unha vella no arco iris que tiña que reparala algunha vez, por iso cando aparecía o arco no ceo, os nenos das aldeas buscaban pedriñas e deixábanllas preparadas no chan por si as necesitaba. Estes antepasados tamén lle atribuían ó arco da vella propiedades máxicas, como a de beber a auga nun lugar e enviala para outro.

 Ademais, grazas á súa observación, podían predecir o tempo dependendo do sitio polo que saíra: se aparecía sobre o mar, significaba que ía chover e se o facía sobre a terra, entón, nevaría.

O que está claro é que o arco da vella é un fenómeno que se produce cando chove e os raios do sol atravesan partículas de auga suspendidas no aire despregando no ceo as súas sete cores. Este espectáculo é moi breve pero hai unha forma de atrapalo:

1º) Pónse unha cartulina branca nunha mesa ó lado dunha ventá para que reciba directamente os raios do sol. Logo enchemos un vaso con auga e colocámolo sobre a cartulina.

2º) Se esperamos un pouco e nos fixamos, veremos que sobre o fondo branco, fórmase un pequeno arco iris. É o momento de atrapalo debuxando co lápiz os límites do arco.

3º) Con lápices de cores, pintamos cada línea que forma o arco iris o máis exactamente posible na mesma orde na que aparecen as sete cores.

4º) Cando terminemos, podemos facer dous buratiños na parte superior da cartulina, pasar un cordón a través deles e colgar o arco da vella na habitación ou onde nós queiramos.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Experimentando con auga

Viernes, febrero 4th, 2011

Partindo das ideas previas seguimos avanzando no proxecto de traballo: Auga ciclos de vida. Nesta semana estivemos realizando unha serie de experiencias de aprendizaxe. Os estados da auga, as propiedades, algunha pequena experiencia lúdica…foron algunhas das propostas realizadas.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Ideas previas

Martes, enero 25th, 2011

Neste curso xa temos realizadas algunhas actividades relacionadas coa auga: análise do cartel do Programa Voz Natura, a historia da pinga de auga, o descubrimento do percorrido da auga polo rego de Xoane ata chegar ao río, a ”comprensión” do ciclo hidrolóxico, os muíños de río, a implicación da comunidade educativa na campaña do uso responsable da auga …

Pero agora, instalados xa en pleno inverno, cando o frío e a choiva dificultan as posibilidades das actividades no exterior  pretendemos abordar o tema da auga coma un proxecto de traballo seguindo as autoras da publicación  “O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria” 

Así que comezamos o estudo das ideas previas dando resposta en gran grupo á pregunta   ¿Que sabemos da  auga..? utilizando a técnica do remuíño de ideas.

 As respostas  dadas polo alumnado agrupámolas  en 3 grandes apartados que fan referencia a : características e estados da auga, lugares onde podemos atopar auga e a vida na auga.

                           ¿QUE SABEMOS DA AUGA…?
 

COMO É…

  • azul
  • transparente
  • branca pero cando cae é transparente
  • azul escura pero polas noites vese negra (auga do río)
  • cando leva lixo é verde
  • non ten sabor, a do mar é salgada
  • o  xeo é xeo e despois auga
  • o  xeo é  auga conxelada
  • o xeo derrétese co sol   
 

ONDE HAI AUGA…

  • no río
  • na fonte
  • na billa
  • no mar
  • na piscina
  • no balneario
  • nas inundacións
  • no acuario
  • no estanque
  • no Planeta Terra
 

QUEN VIVE NA AUGA…

  • as ras
  • os peixes
  • tartarugas
  • medusas
  • focas
  • baleas
  • golfiños
  • estrelas de mar
¿ ONDE  PODEMOS BUSCAR MÁIS  INFORMACIÓN   …?
  • Nos libros da biblioteca
  • Internet
  • Periódicos

As respostas do alumnado  promoveron  hipóteses que provocaron os primeiros “conflitos socio cognitivos“: o xeo derrétese cando fai sol , se non fai sol non se derrete…Hoxe xa fixemos os nosos primeiros “experimentos co xeo” e estamos agardando un día de choiva para confirmar/desmentir a nosa hipótese de traballo.

Algunhas reflexión para compartir:

  • as respostas do alumnado sempre son sorprendentes cando se organizan tempos de escoita e reflexión. 
  • as súas explicacións están baseadas na integración das súas vivencias (os balnearios, a piscina…) e no “coñecemento” dalgúns elementos importantes da súa contorna: a auga do río, das fontes, o río pola noite,..
  • probablemente as hipóteses de traballo serían moi diferentes se partiran das ideas e perspectiva do adulto. 
  • a riqueza de respostas diante dalgunhas preguntas (os balnearios,  as inundacións…) fronte as centrada nun  só elemento (os animais).
  • a ausencia de respostas relacionados cos conceptos xa iniciados. As respostas manifestan que non están integrados (a evaporación).

 ¡canto queda por descubrir!

O INVERNO

Lunes, enero 24th, 2011

INVERNO

O inverno, como todos sabemos, é unha das catro estacións das zonas temperadas. No Hemisferio Norte dámoslle a benvida o 22 de decembro mentres que no Hemisferio Sur comeza o verán.

A  palabra inverno procede do substantivo latino hibernum. O seu significado é diferente nas distintas culturas pero a maioría delas o recoñece como un período de inactividade; sen embargo, é un termo que pode ter ademais diversas connotacións: para algunhas persoas significa vacacións, regalos, aventura, deporte, renovación… Pero, polo xeral, esta estación caracterízase por ser unha época dificil para todos e sobre todo para a fauna, debido ó frío e á escasez de alimentos. Cada especie actúa de xeito diferente para poder soportar as duras condicións: algúns animais migran cara zonas máis cálidas(aves), outros cambian de pelaxe (coello) e outros pasan o inverno durmindo (como faría o noso querido ourizo Pinchos se estivese vivo).

No inverno chove, neva, xea, hai néboa, humidade…, por iso a auga está presente en todas as súas formas. Pero dende o punto de vista hidrolóxico a chuvia e a neve son as máis significativas. A chuvia ten un efecto case inmediato ó da súa caída e distribúese de forma irregular: unha parte é aproveitada polos seres vivos, outra parte fai que os caudais dos ríos e as reservas de pantanos e embalses aumenten e o resto infíltrase a través do chan. A neve, polo contrario, constitúe unha reserva de auga acumulada na superficie da conca hidrográfica e o seu uso farase dispoñible nun tempo posterior ó da precipitación, na medida en que se derrita; polo xeral, na primavera.

A AUGA: UN BEN COMÚN

Miércoles, noviembre 24th, 2010

AGUA

 A auga é o principal disolvente e compoñente indispensable de case tódolos procesos bioquímicos, por iso dende sempre a auga tivo unha importancia decisiva para a humanidade, tanto no que se refire á nosa vida como á configuración e ós procesos vitais das nosas terras.

Consideramos que as diferentes formas da auga, como son os regatos, os ríos, os lagos e os océanos; ou ben a néboa, o rocío, e o xeo son algo absolutamente natural; sen olvidar que hoxe en día a auga, non só constitúe o noso ben máis importante e unha fonte de vida imprescindible, senon que tamén se convertiu nun gran problema.

Na natureza a auga non existe químicamente pura, posto que contén sales, gases e substancias procedentes das rochas, dos estratos ou do aire. Nun compensado equilibrio da radiación solar, a estructura da atmósfera e do clima, a auga condiciona a configuración e as condicións de vida da terra. Calquera intervención grave do home neste equilibrio supón un gran perigo para nós.

Os expertos de moitos países insisten en advertir que as reservas de auga subterránea  son limitadas e que o nivel destas descende a causa do seu uso desmesurado, por iso      me parece unha iniciativa estupenda a de implicar ós nenos e ás nenas, así como a toda a comunidade educativa na procura de slogans e trucos para aforrar auga porque é o noso ben común.

Onte o noso fillo xa nos pediu que lle axudaramos nesa interesante busca e xa estamos mans á obra.

Para rematar, un elemento tan importante como a auga ben merece unha sopa de letras, así que vos invito a atopar dita palabra en diferentes idiomas: galego (AUGA), español (AGUA), catalán (AIGUA), euskera (URA), inglés (WATER), francés (EAU), alemán (WASSER), italiano (ACQUA), eslovaco (VODA)  e húngaro (VIZ):           


E A K D J K A S A G U A N M C X J

A A K R E S S A W D F J D S K L R

U I D F C J K Ñ O D F B Z I V Z E

K G J K S F J K L S D Ñ F A O D T

N U F I J U D S O I A U G A D J A

S A A D L Ñ R S A K J H B N A J W

J D J K Ñ O L A J Ñ A C Q U A S P
                                               
ojd