Con moito sentido crítico…

O pack de benvida do ProgramaVoz Natura sempre é acollido na escola con moita expectación.
Primeiro buscamos un espazo para expoñer os materiais que recibimos. Logo, aínda co recordo do cartel da edición anterior… ¡os elefantes, os monos…arredor do Planeta Terra ¡encantounos!… dedicamos unha sesión o cartel deste curso.
Sentados en roda, observando o cartel, formulei unha serie de preguntas :¿Que vos parece este cartel?… Esa pinga ¿meterase no bote…? ¿Que teremos que traballar neste curso..?…
Deste xeito pretendía (aínda que xa estaba iniciado na aula o traballo sobre o ciclo hidrolóxico) comprobar se o alumnado tería a capacidade de interpretar o significado do cartel e en consecuencia a capacidade de descubrir o obxectivo fundamental do traballo medioambiental deste curso.
As respostas do alumnado de Educación Infantil non se deixaron esperar:
“Pois, moi mal… porque así esa pinga cae no bote… non pode facer o ciclo hidrolóxico…” “Non,… esa pinga quere meterse no bote porque así non se perde coma a pinga “Plaf” e así pode estar coas súas amigas…” “Non,… meteron as pingas nun bote porque queren ir de acampada a un sitio onde non hai auga e así poden levar auga no bote..” “Non ,non… os de Voz Natura equivocáronse…non é un bote par meter auga, é un bote para aforrar cartos…” “Nós non debuxaríamos as pingas nun bote senón no ciclo hidrolóxico”E así chegamos a idea de “AFORRAR”… ¡¡ AUGA¡¡ e comezamos a verbalizar algúns hábitos na nosa vida cotiá que contribúen a acadar este obxectivo.
Sabemos que o cartel “ O poder da gota” representa o traballo de todo o equipo de Voz Natura, de todos e cada un dos centros participantes, do profesorado, alumnado, asociacións e comunidades educativas…. implicados e implicadas no proxecto deste curso…
Pero o noso atrevemento con esta proposta, emitindo opinións, discrepando e incluso sentíndonos coa “capacidade” de facer un cartel diferente, está na idea de que o desenvolvemento das competencias básicas no currículo debe implicar, necesariamente, un cambio de rol do mestre que permita crear situacións de aprendizaxe afondando nos procesos de aprendizaxe fronte á acumulación de coñecementos,…”a competencia de aprender a aprender”
“ Aprender a aprender…significa ser consciente do que se sabe é do que é necesario aprender,de como se aprende e de como se xestionan e controlan de forma eficaz os procesos de aprendizaxe,..” (Competencia para aprender a aprender, pax 195) (Lexislación da Educación Infantil en Galicia. Xunta de Galicia)Agardamos pois, sexa entendida e tal vez tamén compartida con vos esta actividade proposta dende a perspectiva da aprendizaxe significativa e o desenvolvemento das competencias básicas na Educación Infantil.
Etiquetas: aprendizaxes significativas, auga, competencias básicas
octubre 27th, 2010 at 10:22 am
Encántanos a proposta, encántanos a vosa capacidade de interpretación, encántanos escoitar as opinións dos rapaces, as súas suxerencias…..todo, todo!!!!!!!!. E só cun carteliño. Mamaíña, de qué serán capaces estes artistas?.
E como nos encanta, directo o post ao facebook de Voz Natura. Faltaría máis. Graaaaacias!!!!!!.
Equipo Voz Natura
noviembre 3rd, 2010 at 4:15 pm
Moi interesante o que din. Que segan así.