O cartel da 13ª edición de Voz Natura, un cartel motivador

Escrito por Teresa
19 de octubre de 2009 a las 14:12h

O noso compromiso volver en setembro, as nosas posibilidades facelo en outubro. Xa sabedes que é necesario poñer en marcha moitos temas no comezo do curso.

Pero agora sí, xa estamos en disposición de retomar o noso proxecto medioambiental e tivemos que facelo a  semana pasada.

Todo comezou cando escoitamos o timbre…¿ a ver se é  Papá Noel ?  preguntaron algúns. Nooon, ¡ é un paquete¡ ¡que bonita esta caixa¡…E tivemos que abrila.

O primeiro que sacamos da caixa foi o cartel da 13ª edición do Programa Voz Natura. ¡ É de Voz Natura¡ E fixémonos a primeira pregunta ¿e logo que será o que temos que “estudar” este curso. ¡ Pois os elefantes¡ respondeu alguén de maneira moi contundente ¡e os tigres e os monos¡

Nese momento Ana abre moito os ollos e sinalando o cartel afirma ¡nooon, 0 PLANETA TERRA¡ ¡ ESE É O PLANETA TERRA¡

Tivemos que deixar o tema porque era xa a hora de saír pero evidentemente  foi  necesario retomalo tal foi  a expectación que o cartel provocara.

Pola tarde, sentámonos en roda arredor da caixa, e fomos sacando pouco a pouco o material, observando, escoitando,opinando…evocando…

 Voz Natura-festa-sementes-axente forestal-visita do coello – bulbos…

¡xa temos unha historia e xa temos comezada a nosa andaina na educación medioambiental¡

E caemos na conta ¿pero que imos facer este ano para levar á festa de Voz  Natura se en Carcacía non hai elefantes? Pois nada, temos que escribirlle unha carta aos amigos e amigas de Voz Natura e dicirlle que nós en Carcacía non temos elefantes,  pero temos:  ovellas,lagartos ,xoaniñas,bolboretas,arañas,paxaros, caracois, cans pequenos…

Pero no cartel tamén aparecen árbores e plantas. Pois nada, nós tamén temos árbores,flores bonitas,moitas raíces,follas puntiagudas  e das que non son puntiagudas “das normais,” follas pequenas e follas amarelas…

¿Estaremos deste xeito aproximándonos ao concepto da biodiversidade?…

O alumnado  descoñece neste momento do curso que nos agarda o redescubrimento dun tesouro en Carcacía ” a biodiversidade do Sistema-Fluvial Ulla-Deza”.

¡BO CURSO MEDIOAMBIENTAL ¡ BENVINDA A TODOS E TODAS¡

¡ ACOMPAÑÁDENOS  A REDESCUBRIR O TESOURO¡   ¡A TREVÉDEVOS A PARTICIPAR NO BLOG¡   

   ¡AGARDAMOS AS VOSAS PROPOSTAS,OPINIÓNS, COMENTARIOS, EMOCIÓNS…¡

Etiquetas: ,

Una respuesta a “O cartel da 13ª edición de Voz Natura, un cartel motivador”

  1. Ana dice:

    Hola de novo, xa vexo que este ano os nenos de Carcacía van a explorar o mundo da biodiversidade, dame que vai a ser fascinante.
    Polo que, será un pracer para min coñecer e participar na andaina que vades percorrer.

Deja tu comentario

ojd