“Los blogs, a pesar de ser el paradigma de la web 2.0, no son innovadores por si solos. Hai que explicar en ellos cosas interesantes y ser capaces de darles una dimensión educativa.”(Ramón Barlam, Ordenadores en las aulas, Ed. Grao 2010).
Así de contundente comeza un artigo dunha interesante publicación na que se reflexiona en relación a integración das Tics na escola.
No CEIP de Pousada Carcacía comezamos en febreiro 2009 a participación dende o blog do Programa Voz Natura coa intención de integrar este recurso educativo no proxecto medioambiental.
Despois de case dous cursos escolares, neste terceiro curso este reto parécenos aínda máis difícil e asumímolo cun nivel máis alto de responsabilidade e compromiso. Agradecemos poder reflexionar con artigos como o anteriormente indicado que fan que nos cuestionemos unhas veces e que nos reafirmemos outras, no traballo que estamos a facer dende o blog.
Algunhas ideas de Ramón Barlam que nos parece moi oportuno compartir no comezo deste novo curso:
“ El proceso de creación técnica de un blog es, actualmente, un simple trámite que nos ocupará no más de diez minutos…Lo que verdaderamente cuesta y requiere oficio es darle un verdadero sentido educativo”
“Introducir los blogs en las aulas, sin contextualizarlo en un replanteamiento de la educación que implica inevitablemente cambios importantes a muchos niveles, especialmente en el metodológico, no conduce a ninguna parte”
“Es a través de la experiencia, y del intercambio de conocimiento con otros compañeros, como vamos creciendo profesionalmente…. es preciso que expliquemos más a menudo, y sin prejuicios ni complejos, nuestras experiencias de aula.Los blogs son, para esta tarea, y sin ningún lugar a dudas, la mejor opción.”

Pola nosa parte poderíamos engadir algunhas razóns máis para pertencer a comunidade bloguera do Programa Voz Natura:
-
Estar absolutamente convencidos de que a Educación medioambiental debe estar integrada no currículo e a mellor maneira de defender esta idea e mostrando as experiencias e actividades que realizamos na aula e nos centros educativos.
-
A escola debe estar aberta á comunidade educativa polo tanto as nosas “actuacións” “reflexións” e “compromisos” poden e deben ser compartidos.
-
Facer públicas as experiencias educativas conleva á reflexión en voz alta dos procesos de ensino aprendizaxe.
-
Sabemos que a posta en marcha do blog e o seu mantemento supón un certo nivel de esforzo persoal e non está exento dun certo nivel de compromiso e responsabilidade pero tamén sabemos, que ao mesmo tempo, implica unha posibilidade extraordinaria de formación para os docentes que participamos nesta iniciativa.
-
Esta modalidade de participación no Programa Voz Natura, a posta en marcha dos blogs nos centros educativos, supón unha aposta clara e decidida pola integración das novas tecnoloxías dende os proxectos medioambientais.
As veces resulta difícil comezar, outras veces temos medo e cuestionamos o noso traballo, outras veces non temos claro se estamos atinando co enfoque…en fin, un proceso complexo… pero seguros e convencidos de que é unha iniciativa na que desexamos seguir avanzando.
¡¡¡ Bo comezo de curso !!!
!!! Ánimo a todos e todas que estades dispostos a comezar ou a continuar!!!
E unha proposta:
¡¡¡Atrevámonos a manter máis interactividade entre os centros participantes !!!
¡¡¡ no Programa Voz Natura !!!
¡¡¡ Temos moito que compartir!!!