ECO TAREFA 5ª

 

A nosa proposta de hoxe consiste en descubrir todo o que podemos inventar reutilizando botellas de plástico.

Animádesvos a ver e a facer?

 

O PLÁSTICO MATA

Hoxe convidámosvos a averiguar onde vai todo o plástico que usamos, e a intentar reducir o seu uso.

AS GRANDES MANCHAS DE LIXO

Nos xiros oceánicos de todo o mundo (as zonas centrais dos mares) xa hai máis plástico en suspensión que plancto (é dicir, máis plástico que comida). Son as chamadas «grandes manchas de lixo». Na súa gran maioría están compostas por fragmentos pequenos (menos de 4 mm) e dispersos en superficies xigantescas.

Un estudo de 2010 estima que entre 5 e 13 millóns de toneladas métricas de plásticos terminan no mar cada ano. Na actualidade calcúlase que de media hai 13.000 plásticos por milla cadrada de océano, cun peso total de 100 millóns de toneladas.
Os estudos confirman que a cadea alimentaria mariña, da cal depende a nosa alimentación está contaminada. Para empezar os seres microscópicos que compoñen o plancto mariño comen microplásticos, do mesmo xeito que os animais filtrantes como os mexillóns. Tamén os peixes de moitas especies comúns están a alimentarse con fragmentos de plástico.
Ademais da toxicidade propia do plástico, as partículas de plástico no mar teñen a propiedade quimica de atraer e acumular contaminantes hidrofóbicos (é dicir aceitosos) da auga de mar, como DDT e PCBs.

Os plásticos son «esponxas» químicas para contaminantes perigosos que chegan ao mar procedentes da agricultura e a industria e ábrenlles a porta para que entren na cadea alimentaria.

 

SUXERENCIAS PARA USAR MENOS PLÁSTICO

 

 

 

ECO TAREFA 3ª

Para hoxe propómosvos reflexionar sobre a importancia que ten a auga para a vida do noso planeta, e a importancia que temos nós para aforrar auga.

Aporveitando este tempo de vacacións  podemos  ver, en familia ,os vídeos que vos suxerimos a continuación. Logo podemos  descubrir todo que podemos facer para evitar mal gastar a auga, e a continuación elaborar   o noso compromiso para aporveitala

Animádesvos a por este compromiso en marcha  este mes, onde queira que estedes?

Ao  comezarmos  o próximo curso podedes vir  á escola, todos os que vos “comprometestes pola auga”, para contarnos as vosas eco-augaccións, e entre todos faremos o mural dos “amiguiños da auga”.

 

ECO TAREFA 2

Hoxe que vós parece se dedicamos uns minutos a ler este fermoso poema de Gloria Fuertes

Esta poesía é un alegato en favor do respecto  pola vida e pola natureza. A nosa tarefa consisitirá en buscar a alguén par lerlla, e despois comentármola xuntos.

 

Niño Tom

Si vas al campo,

no subas por los almendros.

Ni cojas nidos,

ni caces pájaros,

ni mates insectos negros.

¡Ay, esa flor, esa flor

que ahora muere entre tus dedos,

sus novecientas hermanas

la están echado de menos!

Si vas al campo,

sé bueno.

¡Échate en la hierba,

canta,

estate quieto!

No deshagas las casas

de los insectos

Niño Tom:

Si vas al campo

Sé hombre,

niño pequeño.

 

TAREFAS VIVAS PARA O VERÁN

Comprometémonos cos nosos cativos, e coas nosas cativas, a que despois do descanso de xullo lles proporíamos a través do blog, tarefas  pare desenvolver nas vacacións que lles axudasen a achegarse  á natureza e á vida, implicándoos  no coidado do medio.

Comezamos a nosa andaina cunha canción, asique xa sabedes hoxe toca cantar e bailar a ritmo de Raúl Charo:

 

A ÁRBORE DOS VALORES

Coas nenas, e cos nenos de 6º de educación infantil, e cos de 1º e 2º de primaria estivemos traballando o conto :”El árbol de los valores”.

Logo as nenas, e os nenos deseñaron unha folla para as árbores do noso patio, na que foron anotando  os valores que eles  consideraban máis importante para ser felices.

 

ESCOLA PONTE GUAPA!

Hoxe as cativas, e os cativos de 6º de educación infantil viñeron con moitas gañas de traballar e de poñer a escola moi guapa.

Regaron, retiraron as herbas malas e sacharon!

 

Menuda sesión de traballo!

DESPLASTIFICÁNDOSE

As nenas, e os nenos de 6º de educación infantil xa comezaron a reducir o uso de plástico. Para elo as súas titoras propuxéronlles usar cantimploras que non foran deste material, co fin de suprimir as tradicionais botellas.

Tal e como se pode ver a proposta tivo moi boa acollida.

PLANTANDO ÁRBORES

As nenas e os nenos de 5º de educación infantil plantaron: cerdeiras, carballos , pexegueiros, maceiras , pereiras, abeleiras, amieiros, nogueiras e  castiñeiros, para levalos as súas casas, e  cando medren  ao monte que teñan máis preto.

 

Traballaron tanto que estaban moi cansos. Para recuperar enerxía tomamos una parva moi saudable: amorodos con pan.

A PIRATA PIÑA CORTADA

Menuda visita tivemos hoxe no comedor escolar! Vaia sorte !

A pirata piña cortada veu xantar con nós , e veu para quedar porque nos acompañará todos os luns e os venres para ensinarnos a importancia da alimentación saudable e a necesidade de comer moita froita, e moita verdura.

Por iso os nosos super cociñeiros Alfonso, Masé e María a recibiron con esta froita tan ben presentada.

 

A nosa querida pirata, logo de presentarse, explicoulle aos nenos e ás nenas que vai estar moi atenta aos hábitos saudables e que se vai a dedicar a buscar no noso comedor tesouros. Para ela os tesouros son os nenos que mastigan despazo, os que cortan moi ben os alimentos, os que usan os panos, os que teñen as mans limpas, os que lle axudan aos demais…

Mirade cantos tesouriños atopou no noso comedor escolar…..

Sofia fixo “bandexa limpa”.

 

Manuel e Mateo comeron moi ben a sandía.

Candela sempre disposta a axudarlle aos máis cativos.

Erea atreveuse a probar a froita .