PREPARANDO AS ZANXAS

Tratando de implicar a toda a comunidade educativa no noso horto ecolóxico, o sábado 08 de novembro realizamos unha actividade conxunta entre profesores, alumnos/as, pais e ex-alumnos para comezar a outra parte do noso proxecto: “Escola ponte guapa”- “O xardín dos sentidos”. O traballo consistiu en cavar unhas zanxas e preparar o terreo para plantar mirtos. A choiva case non nos deixa rematar, esperamos agora que mellore o tempo para continuar coa plantación…
Captura
(Facede clic na imaxe para ver a nosa xornada de traballo)