LIBERAMOS XOANIÑAS

Esta semana investigamos e aprendemos moitas cousas sobre as xoaniñas.

image002Buscamos información en: libros, internet, vídeos… e preguntámdescargaoslle a algún avoíño e a algunha avoíña para descubrir refráns, adiviñas, cancións e xogos nos que as xoaniñas eran as protagonistas

As xoaniñas son pequenas e teñen un caparazón redondeado ou ovalado. Teñen unhas ás duras coma caparazón que cobren unhas ás internas. 

Soen ser de cor vermella, negra, laranxa ou amarela e a miúdo teñen manchas nas ás. 

Son amigas do horto e do xardín porque axudan a protexer as colleitas xa que comen insectos, como os pulgóns, que a súa vez comen as plantas. Son animais carnívoros e ovíparos, deixan centos de ovos amarelos nas colonias de pulgóns e doutros insectos semellantes. Cando nacen, as larvas comezan a alimentarse rapidamente, podendo comer ás seis semanas uns 5000 pulgóns.

En moitos lugares empréganse como «control biolóxico das pragas», no canto de usar produtos químicos.

A moita xente gústanlle as xoaniñas pola súa cor e os seus puntos negros. A súa cor chamativa serva para manter alonxados aos seus depredadores como os lagartos e os paxaros, e parece dicir: «o meu sabor é asqueroso». As xoaniñas viven onde viven as súas presas: en plantas, herbas, arbustos…

Gústalles a calor e soen pasar o inverno agochadas debaixo de cortizas ou en gretas para fuxir do frío.

image023

Este  mércores, 4 de maio, trouxemos xoaniñas ao cole!!!

Estivemos observándoas …que  cativas son!!! E decidimos liberalas no patio de infantil.

Para animalas a que voasen puxémolas na man e cantámoslles:

Xoaniña voa, voa

Xoaniña voa, voa,
que teu pai foi a Lisboa
a comer pan e cebola.
Xoaniña voa, voa
que se ti voas ben

poderás chegar tamén.

P1060909

 

 

Xoaniña, voa, voa

que che vou dar pan de broa

e se voas ben,

pan de trigo tamén!!!

 

 

ADIVIÑA, ADIVIÑANDO 

P1060898

Son vermella coma un rubí

levo puntiños negros,

atopasme no xardín,

en plantas ou herbas …

Sabes quen son?