TRABALLANDO NO HORTO

Continuamos aumentando a nosa sementeira no horto:  o venres, 10 de abril, estivemos sementando leitugas e tomates:

E puxemos unhas estupendas “guías” para os tomates!!

ESCOLA PONTE GUAPA

A semana pasada realizamos distintas actividades en relación co noso proxecto, o bo tempo continúa e temos que aproveitar para continuar o noso labor de coidar o noso entorno e melloralo. 

1º- O mércores, 8 de abril, os alumnos/as de 3º estiveron limpando a zona das tuias (mirtos) que plantaramos no mes de novembro, as malas herbas medraran moito neste último mes e era hora de darlle unha pequena “volta” a zona onde se plantaran.

2º- Para axudar na nosa tarefa “ESCOLA PONTE GUAPA”, os cativos de 4º de infantil estiveron sementando lirios e dalias en macetas. Primeiro prepararon as macetas, despois botaron a terra, aplastárona, sementaron as patacas das dalias, os lirios e, por último, regaron.