Esta semana tivemos na escola a Iria, a Alba e a Carolina, tres educadoras que traballan na asociación XARELA, e están desenvolvendo no noso centro un proxecto de Igualdade.
Para a sesión cos cativos de primeiro propuxéronlles pintar con pompóns láminas pola paz, entendendo a paz como harmonía co medio ambiente e coas persoas.
Nas súas «obras de arte» tiñan que empregar a maior variedade de cores posible, para comprobar que un mundo de cores é un mundo máis fermoso. Logo a través da sesión «de sentimentos» intentaron que os nenos se deran conta de que todas as cores son importantes e diferentes e que esa diferenza é a que aporta beleza.
- PAZ É RESPECTO COAS DIFERENZAS
- DAVID COMEZA COA COR VERDE
- SHEILA ESCOLLE UNHA ÁRBORE FELIZ
- LÚAN PINTARÁ UN AMIGO DIFERENTE
- ARIADNA DISPOSTA A ENCHER DE COR UNHA FLOR
- ALEX PENSANDO EN COMO VAI COMBINAR AS CORES
- MARÍA ADEMAIS DE CORES PÚXOLLE SORRISOS A ESTA ACTIVIDADE
- ESTELA MOI CONCENTRADA NA SÚA TAREFA
E despois desta sesión tan «chea de cor», temos os resultados da nosa 1ª sesión de «arte pola paz»:
Jason decidíu levar a mensaxe de igualdade ás súas mans pintando cada dedo dunha cor, entendendo que todos forman parte da mesma man, que todos son necesarios, e que aportando o mellor de sí, que é a súa cor, son capaces de unirse para pintar láminas cheíñas de vida e de sentimentos.
Ao final desta actividade entendemos que nós, ao igual que as formiguiñas que pintou Candela, temos o deber de aportar a «nosa cor», os nosos valores para que a «lámina do mundo» estea completa. E así unidos, pondo cada un o mellor de si, a súa ilusión e o seu esforzo, acadaremos a paz, que nos axudará a gozar do medio, da vida e dos que van a nosa beira.