VISITA DO SEPRONA

O pasado 17 de febreiro, axentes da Guardia Civil pertencentes ao servizo do SEPRONA, SERVIZO DE PROTECCIÓN DA NATUREZA, estiveron no noso centro para dar a coñecer aos máis pequenos do cole, alumnado de educación infantil e 1º de primaria, o labor que realizan en prol da defensa da natureza.

“A misión do SEPRONA é velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación da natureza e ao medio ambiente, dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e calquera outra relacionada coa natureza.
Deste modo encárgase da protección do solo, auga e atmosfera, da sanidade animal e da conservación de especies de flora e fauna. O servizo loita ademais contra vertidos e contaminación do medio, o comercio ilegal de especies protexidas, actividades cinexéticas e de pesca irregulares, defensa dos espazos naturais, a prevención, investigación e extinción de incendios”.  (Información extraída da páxina oficial da Guardia Civil).
O obxectivo desta actividade é concienciar aos nenos e nenas do importante labor que realizan estes axentes, coñecendo de primeira man cales son os perigos dos incendios, dos vertidos e outros ataques ao medio natural.
Como foi dirixida aos máis pequenos do cole a actividade foi principalmente práctica e lúdica. Despois dunha pequena charla onde os axentes lles informaron do labor que realizan e da necesidade de que todos contribúamos ao coidado do noso entorno, chegou a parte máis divertida: montar nas motos e no todo terreno que empregan no seu labor diario. Ademais tocaron e probaron os cascos, porras, guantes, prismáticos… e aprenderon como empregan o lazo para cazar cans perdidos ou a “pinza” para atrapar cobras…
Na seguinte presentación veredes aos máis valentes subidos ás motos ou conducindo o todoterreo … aínda que non faltou algunha cara de susto…

DSC06475

 (Premede na imaxe para visualizar a presentación)