REFRÁNS RELACIONADOS CO HORTO

Empezamos aquí a nosa colleita de refráns relacionados cos produtos da terra. Colleita que irá medrando ao mesmo tempo que medra o noso horto e o noso blog.

Marzo espigarzo, abril penduril, maio graio e san Xoan segado. Son os catro meses que cargan o carro.

As castañas en agosto arder e en setembro beber

castanas-3-xl-668x400x80xXallos

 

 

 

 

 

 

Ramos mollados e Pascuas enxoitas, ano de troitas e froitas
Se queres bo allal, bótao no mes de Nadal
Cando a rula arrola ós seus meniños, bota ti os teus milliños
Polo San Marcos nin nado nin no saco (millo)
millo

trigo

 

 

 

 

 

 

Pola semana de San Francisco cada día seu risco  (botar o pan)patata

A horta do outono mantén ó dono
A horta de marzo jeipa no brazo
O que queira patacas no maio que as semente polo San Paio (25 de xaneiro)
As verzas no xaneiro saben como o carneiro

berzas