A NOSA ECOPATRULLA “OS VERDES VIXÍAS”

ECOPATRULLAECOPATRULLA OS VERDES VIXÍAS

O medio que nos rodea é un ben de interese común, polo que todos os membros da comunidade educativa temos a responsabilidade de coidalo dunha maneira sostible.

A ECOPATRULLA DOS VERDES VIXÍAS pretende fomentar a participación dos cativos na mellora do contorno, así como favorecer actitudes e valores xeneralizables a outros contextos, nos que os nenos e nenas terán que aprender a desenvolverse.

OBXECTIVOS:

* Sensibilizar aos nenos coas cuestións mediambientais.

* Educar en valores: amor á natureza, responsabilidade, cooperación e consumo responsable.

* Ensinar a valorar, a respectar e a coidar o medio ambiente.

* Ofertar a posibilidade de realizar accións de carácter sostible na escola.

* Fomentar un consumo responsable.

* Reciclar e reutilizar papel, plástico, vidro…

* Recuperar os xogos dos nosos antepasados, aqueles  nos que a natureza era a protagonista.

* Implicar activamente aos nenos no coidado da escola.

* Plantar e coidar árbores, verduras, hortalizas e flores.

* Construír un “restaurante para paxaros”.

* Lembrarlle a todos os  nenos do centro, dende o respecto e o diálogo, que non podemos tirar ao chan envoltorios, panos, papeis…

* Gozar coidando a escola e o medio ambiente.

* Traballar  en grupo, promovendo a cooperación entre nenos e nenas de diferentes idades.

* Conseguir que os nenos entendan a influencia que teñen as nosas accións na saúde do planeta.

* Enriquecer as vivencias dos nosos nenos, favorecendo o contacto dos cativos coa natureza.

* Elaborar eco-consellos e eco-retos.

* Deseñar unha ecomascota viaxeira, que irá as fogares dos cativos acompañada dun listado de consellos sostibles para coidar a natureza.

* Aproveitando pneumáticos facer o noso “Reciclín”.

A ecopatrulla está formada por un grupo de 101 nenos voluntarios de educación infantil e de educación primaria, distribuídos en 5 subgrupos, un por cada día da semana. Estes alumnos todos os días, ao rematar o xantar, poñen os seus petos verdes e de cores e desenvolven diferentes actividades, guiados por dúas nais colaboradoras do comedor escolar.

ACTIVIDADES:

As actividades planificadas para este trimestre son as seguintes:

  1. DESEÑO DA NOSA MASCOTA

2. COIDADO DO MEDIO

Os nenos terán que retirar as herbas malas do horto, plantar verduras e hortalizas, facer sementeiros, plantar árbores nunha zona que está fóra da escola e levar comida (millo e restos de pan do comedor escolar) ao noso  “restaurante para paxaros”.

Aquí os tendes cubrindo o chan dos cultivos con palla para que non saian as herbas malas, e preparando trampas ecolóxicas para os caracois coas cascas dos ovos que aproveitamos do comedor escolar.

P1060577

 

3.RECICLALANDIA

Este é o noso taller de reciclaxe, nel durante este mes dedicarémonos a pintar pneumáticos para facer o noso “Reciclín”, un boneco que será o encargado de propornos cada semana un eco-reto para realizar na escola e na casa.

P1060566

P1060638

Ao rematar con “Reciclín” comezaremos a pintar e a decorar botellas de plástico, para facer casas para os paxaros, que situaremos ao lado do areeiro da escola, na nosa carballeira onde  faremos o “restaurante para paxaros”.

4.XOGOS E XOGUETES COA NATUREZA

Con esta actividade coñeceremos os xogos e os xoguetes tradicionais feitos con carozos, piñas, millo, paus, xestas, castañas, noces…etc

foto castaña

En varias sesións contaremos coa colaboración de Serxio, este avó virá á escola para: explicarnos a que xogaba el cando era neno, facernos algún xoguete, ensinarnos as regras dos xogos e xogar cos cativos aos xogos da súa infancia.

Neste trimestre Serxio estanos ensinando a facer vasoiras con xestas, e a empregar as xestas para atar piñas. Este avó contounos que cando el era neno non había cordas, nin cestos, nin carretillos, e cando ían ao monte a coller piñas para acender o lume, tiñan que buscar a maneira de levar moitas en cada viaxe, así que con moita paciencia e habilidade ían atando as piñas ao longo dunha xesta, ata levar un bo cargamento.

IMG-20161206-WA0017

Tamén aprendemos como se facían avións con vimbios e con bugallos; e frautas con cañas de bambú.

ECOCONSELLOS

Xa temos aquí o resultado do concurso organizado polas nosas ecomascotas, Mundoman e Belli, en colaboración co equipo de dinamización da biblioteca do noso centro. Mirade que ecoconsellos nos dan… tomate boa nota!!!

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL 2016

LIBROS QUE  SE PLANTAN

http://www.dreamstime.com/stock-images-tree-growing-book-image16549534

A lectura estimula a curiosidade, axuda ao desenvolvemento e perfeccionamento da linguaxe; aumenta o vocabulario, mellora a expresión oral e escrita, aumenta o noso bagaxe cultural, e estimula a creatividade.

A pesar de todas as vantaxes que ten a lectura, non podemos esquecer que os libros que non están fabricados con materiais biodegradables, entre eles a tinta, acabarán contaminando o chan.

O Libro árbore“  é un proxecto que fixo posible que os libros poidan plantarse, ao rematar de lelos, de forma produtiva, sen impacto ambiental e dando lugar a unha árbore. Darbore lilaesta maneira os cativos e as árbores medran xuntos.

Este libro transmite valores eco-amigables non só a través da súa lectura, senón tamén despois. Tras lelo pode plantarse e medrará unha jacaranda, xa que entre dúas das súas capas de papel introducíronse sementes desta bonita árbore.

O proxecto non só busca reducir o impacto ambiental dos libros senón animar a outras editoriais a apostar por materiais como este, fabricado con técnicas respectuosas coa contorna, con papel de bosques certificados e tinta á auga, libre de ácidos. Ademais, quérese concienciar aos nenos para que a súa educación ambiental sexa práctica e orixinal, baixo a lema : “Os libros e os nenos poden medrar xuntos”.

O librvideoo ”Mi papá estuvo en la selva”, de Gusti e Anne Decis, publicado no 2008 pola editorial arxentina Pequeno Editor, é o primeiro libro árbore. Nel cóntase a historia dun papá que viaxa á selva do Ecuador desde a perspectiva do seu fillo, a través dun enfoque eco-amigable, que fomenta o amor pola natureza.

 

 

 

LIBROS ECOLÓXICOS

Unha das maneiras de achegar aos pequenos á educación ambiental é a través dos libros, eses compañeiros perfectos para calquera ocasión. Nalgúns fálase de cambio climático, efecto invernadoiro, enerxías alternativas, reciclaxe…

HH

Aquí temos libros que nos ensinarán a coidar o medio ambiente:

“A la Tierra le ha salido una gotera”   (Editorial SM).

É un libro con pictogramas que trata sobre a importancia da auga, con astronautas e feiticeiros como protagonistas (de tres a cinco anos).

 “Capitán Verdemán” (Editorial Juventud).

O protagonista é un superheroe que ten que salvar unha pequena cidade que está afogando no lixo, pola preguiza e o malgasto dos seus habitantes (a partir de cinco anos).

“Mi primera guía sobre el cambio climático” (La Galera Editorial)

Explícalle  aos máis maiores como podemos colaborar para frear os síntomas da enfermidade da Terra (a partir de dez anos).

“10 cosas que puedo hacer para ayudar a mi mundo” (Editorial Molino de RBA Libros).

Aquí temos un decálogo para os máis pequenos, un libro con solapas e troquelado.

“Reducir, reutilizar, reciclar” (La Galera).

Este é un libro con moitas fotografías, e con letras maiúsculas e frases curtas, ideal para que os nenos pequenos aprendan sobre a auga, as árbores, a saúde e a reciclaxe.

“Cuida tu planeta” (RBA Libros)

Con este material os nenos verán como os irmáns  Juan e Tolola aprenden a reciclar e a respectar o medio ambiente.

ENTROIDO 2016

O pasado ano no ENTROIDO disfrazámonos de froitas e produtos do horto en consonancia co noso proxeto do horto escolar. Este ano os pequenos e pequenas de 5 anos realizaron un disfrace acorde co que realizan cada día na súa aula:

– Por un lado, o seu traballo no proxecto que xira en torno AO ESPAZO E AS ESTRELAS

– Por outro,  o traballo do proxeto de Voz Natura, tratando de conciencialos no respeto e coidado do medio ambiente e no aproveitamento dos recursos.

Unindo estes dous aspectos o noso disfrace este curso foi o de astronautas, facendo un traxe con materiais reciclados: bolsas de basura, cartóns de leite, tapóns e botellas de plástico para o traxe, papeis de xornal para realizar o casco, cartón para a nave espacial…

O disfrace foi todo un éxito:

 

Se premedes na seguinte imaxe veredes unha “galáctica” presentación de fotos:

kizoa 2

ESCOLA PONTE GUAPA

Para poñer ben “guapo” o patio dianteiro no que están os nenos e nenas de infantil durante o tempo de  recreo, comezamos buscando modelos que puideran servirnos de inspiración… ata que atopamos a idea tan orixinal de

RECICLAR PNEUMÁTICOS PARA ADORNAR A NOSA ESCOLA

E puxémonos “mans á obra” no taller de manualidades que organizou a ANPA, ou mellor dito “mans  á pintura” e…

Aquí está o resultado final!!!

P1040331 P1040332 P1040333 P1040334

Unhas preciosas xardineiras para as nosas petunias!!!

BO NADAL!!

Os pequenos de 5º de infantil quixeron colaborar cun “Nadal reciclable” e realizaron unha fermosa árbore de Nadal con cartóns de papel hixiénico. Con ela queren felicitarnos a todos e desexarnos un

BO NADAL !!!

P1020651RE

IMG_0583-RE