DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Como xa indicamos nunha entrada anterior, este curso aunamos dúas celebracións moi especiais: o DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL (26 de xaneiro) e o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 de xaneiro), tratando de realizar actividades que englobaran as dúas. Deixamos aquí a mostra de dúas delas:

1- Realizamos un mural conxunto (empregando tapóns que os nenos e nenas trouxeron das súas casas), pedindo paz, un mundo sostible e solidario onde non se malgasten os recursos e a axuda e cooperación sexan valores prioritarios. Queremos un planeta san, protexido e respectado por todos.

tapons 2 tapons recortado

2- Realizamos tamén un acto conxunto onde a música e o baile foron os protagonistas. Primeiro nenos de 6º de primaria leron un manifesto pola paz e polo respecto e coidado do noso mundo, o fogar de todos. E logo cantamos e bailamos ao ritmo de dúas cancións:

  • LA HORA DEL PLANETA
  • DANZA DA PAZ (MAMÁ CABRA)

ARTISTAS POLA PAZ

Esta semana tivemos na escola a Iria, a Alba e a Carolina, tres educadoras que traballan na asociación XARELA, e están desenvolvendo no noso centro un proxecto de Igualdade.

Para a sesión cos cativos de primeiro propuxéronlles pintar con pompóns láminas pola paz, entendendo a paz como harmonía  co medio ambiente e coas persoas.

Nas súas “obras de arte” tiñan que empregar a maior variedade de cores posible, para comprobar que un mundo de cores é un mundo máis fermoso. Logo a través da sesión “de sentimentos” intentaron que os nenos se deran conta de que todas as cores son importantes e diferentes e que esa diferenza é a que aporta beleza.

E despois desta sesión tan “chea de cor”, temos os resultados da nosa 1ª sesión de “arte pola paz”:

Jason decidíu levar a mensaxe de igualdade ás súas mans pintando cada dedo dunha cor, entendendo que todos forman parte da mesma man, que todos son necesarios, e que aportando o mellor de sí, que é a súa cor, son capaces de unirse para pintar láminas cheíñas de vida e de sentimentos.

P1090194Ao final desta actividade entendemos que nós, ao igual que as formiguiñas que pintou Candela, temos o deber de aportar a “nosa cor”, os nosos valores para que a “lámina do mundo” estea completa. E así unidos, pondo cada un o mellor de si, a súa ilusión e o seu esforzo, acadaremos a paz, que nos axudará a gozar do medio, da vida e dos que van a nosa beira.

P1090209

Paso a paso, como formiguiñas, a paz construímola entre todos.