Na aula seguimos traballando: completamos fichas sobre as patacas e os limoeiros.
Tamén cantamos cancións como EL CORRO DE LA PATATA
O mércores, 3 de febreiro, retomamos o noso traballo no horto escolar.
1º- Primeiro os pequenos e pequenas de 4 anos estiveron recollendo os repolos e as acelgas que xa estaban no seu punto: Teñen un aspecto moi apetitoso!!
2º- Despois, tanto alumnos/as de 4 anos coma de 5 anos estiveron sementando patacas.
Tivemos que observar as sementes para colocalas na terra de maneira que os brotes quedasen cara arriba.
Logo abonamos a terra, e para rematar cubrímola con palla, para evitar que nazan malas herbas e para protexer as patacas das xeadas.
3º- Os nenos e nenas de 5 anos estiveron plantando un limoeiro nunha maceta para máis adiante plantar no patio da escola.
4º – Ao rematar cada neno levou unha bolsa con patacas para a súas casas para seguir coa actividade máis aló da escola, implicando ás familias, pedíndolles que sementen patacas cos seus cativos, que as coiden e que nos conten os resultados.
Xa nos esquecíamos: mirade como van medrando os allos que puxemos en decembro!!