ESCOLA PONTE GUAPA

Ademais de traballar na horta (un dos obxectivos do noso proxecto), estas dúas últimas semanas estivemos traballando tamén no outro obxectivo que é o de mellorar o entorno que nos rodea, esta vez centrado na plantación de distintas árbores en varias zonas do patio do colexio. 

– O primeiro día adicouse á plantación de mirtos (tuias) nunha das zanxas que foran preparadas conxuntamente no pasado mes de novembro por pais, alumnos/as e profesorado. Os alumnos/as de 6º en colaboración cos pequenos/as de 3 e 4 anos realizaron esta plantación. Co obxectivo de motivalos máis para que se implicasen no coidado e mantemento das árbores, os alumnos/as de 6º de primaria apadriñaron a un neno/a de infantil, e a súa vez os dous apadriñaban un dos arbustos plantados, neste caso mirtos. Como podedes ver polas fotos o traballo conxunto resultou moi estimulante, e que ben o pasaron saltando para aplastar a terra!!

– O segundo día os alumnos/as de educación infantil, axudados polo profesorado, plantaron: unha cerdeira, unha mazaira e un ciruelo.

– O terceiro día os rapaces/zas de 6º de primaria remataron de plantar as tuias e plantaron un castiñeiro. Pouco a pouco imos mellorando o entorno do noso patio…