Continuamos cos noso taller de PAN DE MILLO, esta semana realizaron este taller os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria que volveron a compartir unha nova experiencia co avó Sergio, ao que xa coñecían do curso pasado. Isto é o que nos contan:
«Hoxe os nenos e as nenas de primeiro fomos ao taller de pan de millo. Con esta actividade achegámonos a nosa contorna natural e sociocultural, puxemos en marcha os nosos sentidos (vimos, tocamos, probamos…), descubrimos as diferentes tarefas que hai que facer para elaborar pan de broa, aprendemos moitas palabras relacionadas co millo, traballamos en grupo, e cantamos a canción «Pan de millo» do grupo Migallas».
Mentres o noso pan se cocía volvemos a aula para facer as seguintes fichas:
E aquí tedes aos pequenos e pequenas de 1º «coas mans na masa»: